• Saltar al contenido principal
  • Saltar al pie de página

Nordesía

Compañía musical independiente

  • Experiencias
  • Talento
  • Ideas

Ene 30 2023

A musa do fado contemporáneo, Ana Moura, presenta en Vigo «Casa Guilhermina» 

A estrela do fado que está a reinventar o «blues portugués» estrea novo traballo en España no Auditorio Mar de Vigo.

  • Será dentro do ciclo patrocinado polo Xacobeo «Suseia et Ultreia. Todos os Pobos, Linguas e Tribos«, coa colaboración do Concello. 
  • Ana Moura estréase como letrista neste disco, homenaxeando a súa avoa e a tradición africana, particularmente angolana. 
  • Entradas xa á venda en teuticket.com.
sala de prensa
Ana Moura traje blanco
Ana Moura flyer

Vigo, 25 de xaneiro de 2023. Ana Moura, a famosa fadista de Santarém que cantou con Prince, os Rolling Stones, Caetano Veloso ou Gilberto Gil, chega este 24 de febreiro a Vigo co seu novo traballo, Casa Guilhermina, no que será o seu concerto de presentación en España dentro do ciclo patrocinado polo Xacobeo “Suseia et Ultreia, Pobos, Linguas, Tribos”. 

Casa Guilhermina é o sétimo álbum da carreira sen igual da artista portuguesa Ana Moura que imprime nel a marca persoal da súa arte: liberdade, creatividade e unha nova visión do camiño percorrido, onde a tradición e a alma atemporal do fado van da man da modernidade. Unha ollada cara ao futuro coa ansia de quen sabe que ten algo novo e distinto que transmitir. 

Mesturando a súa intensidade emocional con ritmos como o kizomba, o semba ou o trap, o son de Ana Moura é do da pura expresión. Un son sen barreiras ou xéneros, porque a liberdade máis xenuína non cabe dentro dun único xénero, non ten só unha cadencia, faise de moitas linguaxes e ideas. 

ENTRADAS DISPONIBLES

Talvez Desfado, o seu masivo éxito global do 2012, conteña no título outro bo rótulo, afirmándoa como alguén que, sendo capaz de desmontar unha linguaxe, é igualmente capaz de inventar algo absolutamente novo. Un disco que se mantén en Portugal nos tops nacionais de vendas desde que foi lanzado.

Con «Andorinhas», o tema de presentación do novo álbum, Ana Moura reclama a liberdade de ser artista sen etiquetas, sen límites. Esta canción, que fala da liberdade como motor de creatividade, ten a África e un balance universal dentro, conmove e fai bailar, e sérvese, no seu extraordinario vídeo, dunha moderna linguaxe visual.

A súa postura magnética no escenario, onde a imaxe a voz poderosa concorren para xerar o éxtase no público é unha das poderosas cualidades desta artista única. Tamén a súa versatilidade musical sen igual, que lle permite soar tan impoñente no fado coma no rock, no soul ou en ritmos africanos. Isto, unido á coraxe para probar novos camiños sempre na procura da innovación, desembocan en Casa Guilhermina, no que a artista se estrea como letrista homenaxeando a súa avoa, nada en Angola. 

Ana Moura casa
MERCAR ENTRADAS

Uncategorized

  • Nosotros
  • Noticias
  • Contactar

Footer

Newsletter

SOCIAL

  • Correo electrónico
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • YouTube

Nordesía Produccións © 2023  |  Aviso Legal · Política de Privacidad       Crafted by Muwalk