FESTA DOS MUNDOS presenta:
«SUSEIA et ULTREIA. Todos os pobos, linguas e tribos»
A partir de outubro do 2023 · Principais cidades galegas
Ponte entre a celebración dos pasados Xacobeo e o próximo ano Santo, a Festa dos Mundos volve coa súa 4ª edición este mes de outubro de 2023 co ciclo «SUSEIA et ULTREIA. Todos os pobos, linguas e tribos», incluíndo varios concertos repartidos entre as principais cidades galegas (algúns todavía por desvelar!).
Artistas de renome internacional, procedentes dalgúns dos países de orixe maioritaria das persoas que chegan camiñando a Compostela, actuarán neste ciclo a modo de agradecemento.
Un ciclo organizado para celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidaridade, garantizar a xustiza social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música; unha homenaxe ás culturas dos lugares de orixe dos peregrinos a Compostela.
Patrocinado polo Xacobeo, coa colaboración dos concellos participantes, esta Festa dos Mundos mantén o espírito de anteriores edicións que busca celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música.
Concertos 4ª Edición
Amancio Prada
4 de xaneiro- Auditorio Municipal de Ourense
- Más info →
Dakhabrakha
20 de xaneiro- Teatro Colón de A Coruña
- Más info →
Ana Moura
24 de febreiro- Auditorio Mar de Vigo
- Más info →
Leyla McCalla
27 de abril- Teatro Jofre, Ferrol
- Más info →
La Yegros
11 de marzo- Sala Capitol, Santiago de Compostela
- Más info →
ORGANIZA
PATROCINA
COLABORAN