- O último concerto do festival, coa espectacular banda de salsa Alexander Abreu e Havana D’Primera, esgotou as localidades na Sala Capitol.
- A edición máis exitosa da historia do Festival Maré tomou durante cinco días rúas, prazas e espazos de Compostela, consolidando a súa posición como festival de Outono.
- O sábado foi o día grande do festival, con perto de 4.000 persoas que asistiron a concertos no Teatro Principal, Salón Teatro, Sala Riquela e Praza de Mazarelos.

Santiago de Compostela, 25 de Setembro de 2023. O Festival Maré de Artes e Músicas Atlánticas despediu este domingo unha exitosa edición en Santiago de Compostela. A Sala Capitol esgotou as localidades para o espectacular fin de festa a ritmo de salsa dos cubanos Alexander Abreu e Havana D’Primera. Foi a última banda en subir ao escenario das 27 actuacións programadas no cartaz do festival, no que o público puido descubrir bandas de diversos estilos musicais de ata dez países diferentes.
Ao longo de cinco días, 8.000 persoas pasaron polo festival, e asistiron a concertos en lugares como a Sala Capitol, a Sala Riquela, o Salón Teatro ou o Teatro Principal, ademáis de rúas e prazas da cidade. Da cifra total de espectadores, arredor da metade mercaron unha entrada para asistir a espectáculos de pago. O resto do público accedeu a actividades de acceso libre, como as concurridas actuación o sábado durante todo o día na Praza de Mazarelos, as proxeccións de cine coa presenza de Don Letts e Kepa Junkera, recitales de poesía, obradoiros ou encontros profesionais. O sábado foi o día de maior afluencia, no que o festival recibiu perto de 4.000 persoas ao longo de todo o día.
Onte domingo, Maré viviu en gran peche de festival, que xa comezou ao medio día coa Éromeriak «Celebrando a Kepa Junkera». Unha gran festa no Teatro Principal, impulsada pola Banda das Crechas, con numerosos convidados como o grupo de música tradicional vasca Basandreak, as galegas de Kadrou ou Uxía. Un gran tributo a Junkera, que asistiu emocionado a todo o que pasou no escenario do Principal, onde chegaron a reunirse preto de trinta músicos sobre o escenario.
Pola tarde, os ritmos do Pacífico da colombiana Nidia Góngora e o fado reinvidicativo de Fado Bicha, cautivaron aos espectadores do Teatro Principal. Os portugueses foron aclamados polo público, que aplaudiu o seu discurso antifascista, antitaurino e cargado de reivindicacións a favor da diversidade sexual.
O concerto de peche do festival, protagonizado por Alexandre Abreu e Havana D’Primera foi unha gran festa de reivindicación das comunidades latinas. O público, orixinario de Perú, Venezuela, Colombia, República Dominicana ou Cuba, encheu a Sala Capitol, convertida nun gran salón de baile, cun gran show con pedida de man en pleno escenario incluída.
Tanto este concerto de clausura, como o espectacular concerto de apertura de Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia, foron os máis concurridos de Maré e esgotaron ambos as perto de 800 localidades disponibles. Esta edición foi a máis exitosa da historia do Festival Maré, e consolida ao evento como un referente entre os festivais de Outono. Maré afianzou ademáis a relación coas agrupacións locais, integradas na programación mesturadas con outros artistas. A colaboración de Amancio Prada coa Real Filharmonía de Galicia, a de Abraham Cupeiro coa Banda de música Municipal de Santiago de Compostela, o Coro da Rá con Maro ou a formación vasca Basadreak coa Banda das Crechas, son algúns dos exemplos.
Os encontros profesionais, con programadores chegados de países como Italia, India, Portugal ou Mozambique, reflexan tamén a proxeción internacional do certame no ámbito das industrias culturais do sector da música. Actividades como as proxecións de cinema, o obadoiro de escrita creativa ou os recitais poéticos, tiveron tamén unha gran aceptación por parte do público.