- 18 Decembro. 21:30
- Auditorio Mar de Vigo
- Mercar entradas en: teuticket.com
A artista portuguesa renderá homenaxe a referentes como Ellis Regina, Amália Rodrigues e Ennio Morricone, con quen gravou un disco e mantivo unha estreita amizade.
Estará acompañada polos cubanos Yelsy Heredia ao contrabaixo e Sergio Fernández ao piano, ademais do guitarrista portugués Luis Guerreiro.
A cita será este sábado, 18 de decembro, ás 21.30h no Auditorio Mar de Vigo. As últimas entradas están á venda en teuticket.com
Tras máis de 30 anos de traxectoria, Dulce Pontes regresa aos escenarios con Fascinação Tour, un show que chega este sábado a Vigo e no que rende homenaxe a referentes musicais, como a mestra Ellis Regina –a cantante coa que máis se identifica– ou a grande Amália Rodrigues e o xénero portugués por excelencia, o Fado. Dentro do show, en Vigo tamén haberá alusións a quen foi o seu mestre, mentor e amigo, o famoso compositor italiano e autor de bandas sonoras inolvidables, Ennio Morricone, falecido o ano pasado.
Dulce Pontes ten colaborado con artistas internacionais de renome como José Carreras, Ennio Morricone, Cesària Évora, Caetano Veloso, Estrella Morente, Carlos Núñez ou Marisa Monte.
Canciones cheas de forza, danza e sensualidade que Dulce Pontes trae ao seu terreo con inmenso respecto e responsabilidade neste espectáculo, no que estará acompañada polo cubano Yelsy Heredia (considerado o mellor contrabaixista da súa xeración e colaborador habitual do gran Chucho Valdés), o portugués Luis Guerreiro (unha das mellores guitarras portuguesas) e o tamén cubano Sergio Fernández (piano).
Considerada unha das mellores artistas dentro do panorama musical portugués, Dulce Pontes ten colaborado, ademais de con Morricone, con artistas como George Dalaras, Andrea Bocelli
ou José Carreras.
Artista precoz que se formou no Conservatorio Nacional de Música de Lisboa, tras formar parte de varios espectáculos de relevancia no seu país, representou a Portugal no Festival de Eurovisión en 1991 quedando en oitavo lugar, unha das mellores puntuacións da historia dese país neste certame.
Un ano máis tarde, lanza Lusitana, o seu primeiro álbum de música pop. Mais foi en 1993, con Lágrimas, cando se consagrou coma unha reputada fadista que se atrevía con ritmos e instrumentos modernos buscando novas formas expresivas musicais sen esquecer o respecto á tradición.
Consagrada como fadista con Lágrimas, en 2003 sacou en colaboración con Ennio Morricone o disco Focus, acadando un grande éxito.
Sen dúbida, o álbum Lágrimas deu para moito máis, xa que o tema de “Cancâo do Mar” foi empregado en Brasil como tema de apertura da exitosa adaptación en telenovela dunha recoñecida obra de Júlio Dinis, As Pupilas do Senhor Reitor, para ser despois tema da banda sonora e parte da trama da película americana Las dos caras de la verdad, de Richard Gere (1996).
Publica a continuación A brisa do coracâo (1995), gravado en directo no Coliseo de Porto, Caminhos (1996) e O Primeiro Canto (1999), considerado pola crítica coma o máis ambicioso e difícil na carreira de Dulce, no que se atreve con elementos do jazz en colaboración con María Joâo, Wayne Shorter, Trilok Gurtu e Morelenbaum.
En 2002 Best of precede ao que foi o disco fruto da colaboración co mestre Ennio Morricone, Focus (2003). Tras o gran éxito acadado, Dulce edita e produce integramente O Coracâo Tem Três Portas (2006), Momentos (2009) e PeregrinaÇâo (2017).
Xunto a José Carreras, Dulce Pontes protagonizou a apertura oficial da elección das 7 novas Marabillas do Mundo co tema «One World».
Artista versátil, heteroxénea, Dulce Pontes non dubida en traspasar as fronteiras de varios xéneros musicais, colaborando cunha gran diversidade de artistas internacionais como Cesaria Evora, Caetano Veloso, Marisa Monte, Estrella Morente, Carlos Núñez, Giorgos Dalaras, Stefanos Korkolis, Waldemar Bastos ou Eleftheria Arvanitaki.
A súa capacidade vocal e artística téñena levado por escenarios de todo o mundo con actuacións coma as do Royal Albert Hall, o Arena de Verona, o Auditorio parco della Musica de Roma, o Palacio Mazda de Milán, o Olympia de París ou o Salón del Foro Internacional de Tokio que realizou con Ennio Morricone, a do Carnegie Hall de Nova York ou que fose quen, xunto a José Carreras, de protagonizar a apertura oficial da elección das novas 7 Marabillas do Mundo co tema “One World” (da súa autoría) ante a maior audiencia televisiva da historia.