• Skip to main content
  • Skip to footer

Nordesía

Music management, booking and events production

  • Talento
  • Experiencias
  • Ideas
  • News
  • SUSEIA et ULTREIA
    • Leyla McCalla
    • Fotos 2023

Feb 07 2023

Convocatoria aberta! Envío de propostas para o programa oficial de WOMEX 23 A Coruña

Llamada a propuestas Womex 2023

Invitamos a todas as artistas, bandas, DJ e produtores musicais, cineastas, especialistas da industria e visionarias a presentar as súas propostas. 

Berlín / A Coruña, 7 de febreiro de 2023. Os organizadores de WOMEX, Piranha Arts e Nordesía Producións, socio local este ano, abriron a convocatoria anual de propostas para a 29ª edición de WOMEX que terá lugar na Coruña do 25 ao 29 de outubro de 2023.

Esta convocatoria de propostas de WOMEX diríxese a todas as persoas que se dedican á musica, cineastas e profesionais do sector de todo o mundo. O programa oficial selecciónase, a partir de todas as candidaturas recibidas, por un xurado independente internacional, que muda cada ano, tamén coñecido coma os “Sete samurais” ou “Seven Samurai” (en breve anunciarase a composición do xurado deste ano). 

As propostas poden facerse en catro categorías diferentes: 

  • Showcase.
  • Club Summit.
  • Conferencia.
  • Filme.

E pódense enviar desde o sitio web específico: www.womex-apply.com

Cartel Womex

A data límite para o envío de propostas para WOMEX 23 é o venres 17 de marzo. Womex dálle a benvida a propostas de todas as orixes e alenta as presentacións, especialmente aquelas que contribúen a incrementar a diversidade da escena musical internacional, xa sexa diversidade de cultura, rexión, xénero, estilos, tradición da interpretación e outras. 

WOMEX é o encontro máis importante da escena musical mundial e o máis diverso de cantos se celebran. O seu espectro musical non ten parangón no mercado internacional de espectáculos, e vai desde o máis tradicional ata o novo underground local global, abarcando culturas folk, de raíz, locais e da diáspora, así como sons urbanos e electrónicos de todo o mundo.  

Recursos para prensa

  • WOMEX 23 proposal website.
  • WOMEX logos & photos.
  • WOMEX website.
  • WOMEX press section.

Evento

Footer

SUBSCRIBE

BE SOCIAL

  • Email
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • YouTube

Nordesía Produccións © 2023       Terms of Use · Privacy Policy