• Skip to main content
  • Skip to footer

Nordesía

Music management, booking and events production

  • Talento
  • Experiencias
  • Ideas
  • News
  • SUSEIA et ULTREIA
    • Ana Moura
    • Leyla McCalla
    • La Yegros
    • Fotos 2023

Jan 12 2023

Cinco artistas internacionais actuarán en Galicia dentro do ciclo da Festa dos Mundos 2023

  • Patrocinado polo Xacobeo, o ciclo busca celebrar a diversidade presente no Camiño de Santiago e tender pontes entre culturas a través da música.
  • O cantautor Amancio Prada, a banda ucraína DakhaBrakha, a fadista Ana Moura, a arxentina La Yegros e a artista dos EUA Layla McCalla forman parte do cartel.
sala de prensa
Cartel Suseia et Ultreia

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023. O ciclo da Festa dos Mundos “SUSEIA et ULTREIA. Todos os pobos, linguas e tribos” traerá este 2023 a Galicia cinco artistas de renome internacional. O cantautor do Bierzo, Amancio Prada, inaugura hoxe en Ourense este proxecto, deseñado para fixar unha ponte entre a celebración do pasado e o próximo ano Xacobeo. O cartel tamén inclúe a portuguesa Ana Moura, a arxentina La Yegros e a estadounidense Leyla McCalla, ademais da banda ucraína DakhaBrakha, como mostra de solidariedade e apoio á poboacion dese país desde Galicia. 

Patrocinado polo Xacobeo, o ciclo pon o acento no recoñecemento a aquelas persoas que acudiron a Santiago de Compostela nestes dous anos de celebración, con música representantiva dalgúns dos territorios que máis visitantes achegaron. Con ela quérese celebrar a diversidade como motor de creación, tolerancia e recoñecemento mutuo entre culturas dos Camiños de Santiago. 

Os concellos da Coruña, Vigo, Santiago e Ferrol, que colaboran no ciclo, será onde se celebren os próximos concertos, dos que xa están á venda as entradas para ver actuar a DakhaBrakha, o 20 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, e Ana Moura, o 24 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo. 

DAKHABRAKHA

folk-punk DAKHABRAKHA

O inclasicable cuarteto de folk-punk de Kiev, refuxiado pola guerra, trae á Coruña o seu fascinante “etno-caos” nun dos tres únicos concertos previstos en España este 2023 da banda máis famosa de Ucraína. A súa música, diferente a todo o existente, é un transo de asombrosa beleza, decididamente libre e comprometido, coa que teñen visitado festivais tan prestixiosos como Glastonbury, Bonaroo ou Transmusicales.

ANA MOURA

ana moura vigo

A famosa fadista que está a reinventar o “blues portugués” con ritmos como o kizomba, a samba ou o trap, que cantou con Prince, os Rolling Stones ou Caetano Veloso, chega a Vigo con Casa Guilhermina, o seu novo álbum. Liberdade, creatividade e unha visión na que a tradición e a alma atemporal do fado van da man da modernidade, son as claves do novo traballo da artista portuguesa.


PRÓXIMAMENTE…

LA YEGROS

la yegros santiago

A raíña arxentina da cumbia trae á Sala Capitol de Compostela a súa mestura de folclore suramericano con ritmos vangardistas nun dos concertos previstos na xira do décimo aniversario de Viene de mí, o disco que a situou no punto de mira. La Yegros ofrecerá o seu talento, enxeño e carisma nunha actuación retrospectiva na que ofrecerá novas versións das súas cancións máis coñecidas.

LEYLA MCCALLA

LEYLA MCCALLA suseia

Unha música cativadora, cun traballo melódico rico, sofisticado e ritmos afrocaribeños embriagadores, unido á xustaposición de voces —inglés e kreyòl, persoal e político, anecdótico e xornalístico—, son a fascinante herdanza desta estadounidense de profundas raíces haitianas. Breaking the thermometer (2022) é o seu persoal axuste de contas coa memoria e a identidade.

Evento

Footer

SUBSCRIBE

BE SOCIAL

  • Email
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • YouTube

Nordesía Produccións © 2023       Terms of Use · Privacy Policy