Actuarán na terraza do Auditorio Mar de Vigo este verán. Son algunhas das primeiras confirmacións internacionais en anunciarse. Prezos e entradas xa dispoñibles en www.teuticket.com.

O Ciclo Xacobeo Vigo acollerá numerosos artistas de referencia, procedentes de países diferentes e representantes dunha gran diversidade de estilos musicais, poñendo Vigo no maga das xiras internacionais. Nos próximos meses o Auditorio Mar de Vigo contará, entre outras, coas actuacións de Texas e Fat Freddy’s Drop como primeiros artistas confirmados.
Fat Freddy’s Drop é a banda máis popular xurdida en Nueva Zelandia, e unha das máis grandes en directo. A súa receita secreta, a fórmula da súa música, contén doses indeterminadas de ingredientes coma o reggae, soul, funk, dub, jakk, rock e disco. Unha cantidade idónea que dá coma resultado un concerto estimulante que fará gozar o público asistente.
Fundada en 1999 polo carismático DJ Fitchie, Fat Freddy’s Drop mantívose ao longo dos anos coma un septeto que inclúe guitarra, batería, baixo, teclados, sintetizadores e tres ventos: unha trompeta, un saxo e un trombón. Partindo do reggae, o seu son ten evolucionado incorporando ritmos electrónicos como o house ou o techno.
Famosos mundialmente, Sharleen Spiteri e a súa band percorreron planeta durante anos tocando en directo os seus éxitos. Un concerto de Texas é un espectáculo único, como o que terá lugar o 9 de agosto na Terraza do Auditorio Mar de Vigo. Co lanzamento do seu primeiro disco Southside en 1989 chegou tamén o primeiro sinxelo, «I Don’t Want a Lover», que os faría recoñecidos mundialmente. Esta canción converteuse nun himno que aínda hoxe soa en todas as radios de cando en vez.
O ano pasado publicaron Hi, o seu décimo álbum de estudio, catorce novos cortes de rock soul que hai quen xa cualificou coma o máis destacado da súa longa carreira.
As entradas para os concertos poden adquirirse a través de Teuticket.