Santiago de Compostela, 22 de Setembro de 2023. O Festival Maré, que transcurre ata este domingo 24 de Setembro en Compostela, viviu unha segunda exitosa xornada. Despois da apertura con Amancio Prada e a Real Filharmonía o pasado mércores, que esgotou as entradas días antes, na tarde do xoves volveron esgotarse as entradas para os concertos de Maro coas súas convidadas e Abraham Cupeiro coa Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela. Ao longo da tarde víronse longas colas de xente para entrar no Salón Teatro e no Teatro Principal, onde tiveron lugar os concertos.
No caso de Abraham Cupeiro, perto de medio cento de persoas tiveron que quedar fóra do Salón Teatro ao estar o aforo a rebosar. Debido a inestabilidade do tempo, o concerto debeu cambiarse da Praza de Praterías ao Salón Teatro.
O público que abarrotaba o recinto gozou da presentación de «Panxea», o espectáculo deste gran instrumentista, co que fixo un percorrido polo mundo cun catálogo de instrumentos soprendentes: desde plumas ata cornos, pasando por caracolas ou estranas frautas, viaxando desde Norteamérica ata a India e pasando por África. Sempre cun discurso moi cercano á ecoloxía e ao cambio climático, Cupeiro e a Banda de Música Municipal dirixida por David Fiuza, entusiasmaron ao público que, mesmo familias enteiras, despediron aos artistas cunha longa ovación.
Máis íntimo e emocionante foi o esperado concertó de Maro, unha das novas sensacións da música portuguesa, que tamén esgotou as entradas para a súa actuación no Teatro Principal, un espazo louvado pola artista, que calificou como «o teatro máis bonito do mundo». Maro preparou un concerto semellante a unha celebración, convidando a numerosas artistas, cos que xenerou interpretacións inéditas que o público celebrou. A artista convidou a Caamaño & Ameixeiras, aos cataláns Pol Batlle e Rita Payés, a Uxía e pechou o concerto coa colaboración das voces femininas do Coro da Rá. Foi un remate emocionante, onde unha dúcia de voces femininas arrouparon a Maro para interpretar «Saudade», o seu tema máis popular.
No remate da noite, chegou a quenda de O Rabelo e Bia Ferreira na Sala Capitol. Coas súas mensaxes sobre a diversidade de xénero e o seu híbrido entre o rap e música tradicional, O Rabelo foi o encargado de prender a mecha do que viría despois. Bia Ferreira irrumpiu no escenario coa súa enerxía arrebatadora. Entre tema e tema, a brasileira reinvindicou o respecto ás persoas e mandou a todas erguer “a bandeira do amor”, para combater as situacións que causan dor.
A lenda do punk Don Letts, Soom T & The Stone Monkeys e Pol Battlle e Rita Payés, Molimo, cinema e coloquios, na programaciónde hoxe venres
Maré entra hoxe no terceiro día de festival, subindo a intensidade da programación. Pola maña, ás 12,00 horas está previsto un coloquio arredor de festivais, programación e novas audiencias, na Facultade de Ciencias de Comunicación, a onde asistirán relatores da India, Italia ou Portugal. Este coloquio enmárcase dentro da programación do Proxecto europeo MATE.
Xa pola tarde, ás 18,30 horas o Salón Teatro acollerá a actuación de música improvisada de Molimo, a banda da artista Chefa Alonso, que contará coa colaboración da poeta Marina Oural.
Tamén á mesma hora está prevista a proxección na Facultade de Filosofía, en colaboración co Cineclube Mazarelos, o filme «Rebel Dread», protagonizado polo músico, dj e cineasta Don Letts, unha das figuras máis relevantes do movimento punk británico. O propio Letts asistirá a un encontro co público unha vez rematado o filme, e antes da actuación co seu DJ Set na Sala Capitol, xunto coa escocesa Soom T & The Stone Monks, prevista para as 21,00 horas.
Antes, o Teatro Principal acollerá dúas actuacións. Ás 18,30 horas será a quenda da debutante compostelana Gloria Pavía, que presenta con Dani Liñeira o seu primeiro disco “Flores Novas” e ás 19,30 horas a posta en escea por vez primeira do agardado proxecto dos cataláns Pol Battlle e Rita Payés.
Programa do día
18.00. Presentación de «Rebel Dread», o documental de Don Letts. Facultade de Filosofía. Proxección do documental xunto co Cineclube de Mazarelos e posterior charla e sesión de preguntas e respostas co director de cine, Don Letts.
18.30. Concerto de Molimo no Salón Teatro, a agrupación de Chefa Alonso, Cova Villegas e María Prado. A artista invitada será Marina Oural.
19.30. Gloria Pavía presenta «Novas Flores» no Teatro Principal. A artista emerxente Gloria Pavía presentará o seu novo proxecto como previa ao concerto de Pol Batlle e Rita Payés.
20.00. Pol Batlle con Rita Payés no Teatro Principal. O dúo catalán presentará «Salt Mortal» o seu primeiro álbum co que veñen de percorrer os auditorios máis importantes do Estado.
21.00. Soom T & The Stone Monks na Sala Capitol. A MC escocesa abrirá a noite cos seus ritmos ragga e dub antes do DJ Set do artista e director de cine inglés, Don Letts.
23.15. Don Letts DJ Set na Sala Capitol. Para pechar unha noite chea de ritmos reggae, o músico e precursor do punk inglés dos 80s traeranos o seu DJ Set á sala compostelá.
00.30. DJ Panko na Casa das Crechas.