Sara Correia
PORTUGAL
O directo de Sara Correia, coñecido como o «furacán do fado», está apoiado por unha banda de verdadeiro luxo. Os once fados do segundo disco producido por Diogo Clemente e no que conta co acompañamento de guitarra portuguesa de Ángelo Freire, levan a sinatura, ademais do propio Clemente en moitos casos, tamén de Joana Espadinha, Paulo Abreu, Jorge Cruz e Luisa Sobral, que confesa ser fan da voz de Sara dende a primeira vez que a escoitou.
Correia procede dunha familia de fadistas, polo que practicamente dende que naceu o fado foi unha parte habitual da súa vida, case unha segunda pel. Con só 13 anos converteuse na gañadora da Gran Noite do Fado, sendo convidada a cantar nun dos lugares míticos do Fado: a Casa de Linhares. Ademais, desde a súa estrea en 2018, tamén levou o seu canto a escenarios de todo o mundo. Do Coração, obra publicada en 2020, engloba diversas formas de amar e ser amado que, na súa voz, conseguen chegar ao máis íntimo e profundo. Sara asegura que Amália Rodrigues foi a súa gran inspiración, de feito, a cantante interpretou á propia Amália nunha serie para Netflix Portugal, o que fai inevitable a comparación.