Sabela Caamaño

Acordeón

Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, 1990) comeza os seus estudos de acordeón aos sete anos de idade. Desde o principio da súa carreira musical está moi ligada ao mundo da música tradicional e popular galega, que compaxina cunha ampla formación no eido académico. É titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, e ten participado e recibido premios en diversos concursos a nivel nacional e internacional. Traballa como profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, ademais forma parte como intérprete en diversos proxectos musicais e artísticos, destaca o seu proxecto máis persoal, o dúo Caamaño & Ameixeiras, que acaba de presentar o seu primeiro traballo discográfico, Aire! (2021).