• Skip to main content
  • Skip to footer

Nordesía

Music management, booking and events production

  • Talento
  • Experiencias
  • Ideas
  • News
  • SUSEIA et ULTREIA
    • Ana Moura
    • Leyla McCalla
    • La Yegros
    • Fotos 2023

Dec 28 2021

O novo d’A Pedreira este venres no Museo do Mar de Galicia

Segmento Cantábrico A Pedreira
  • 3 Decembro. 19:00
  • Museo deo Mar de Galicia (Vigo)
  • Entrada gratuita ata completar aforo.
  • Reservas en museodomar.xunta.gal
  • Uso obrigatorio de máscara.

Segmento Cantábrico é o primeiro traballo da artista de Vilaronte (Foz), voz de Marful e Nordestina –entre outras formacións musicais– asinado por ela co seu apelido, A Pedreira. O disco, de folk progresivo, aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano. Letras, poemas da propia Pedreira, do pintor-poeta vigués afincado en Londres Enrique Gavilanes, as Follas Novas de Rosalía de Castro, da poeta do Val de Lourenzá Marina Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias forman parte deste álbum no que a spoken word, a poesía e a canción conflúen e desbordan as marxes.

Este venres, 3 de decembro, será a primeira ocasión na que se poderá escoitar en directo, a partir das 19 h da tarde, na presentación que terá lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. A entrada é de balde até completar capacidade, previa reserva en museodomar.xunta.gal.

Logo de doce discos gravados con diferetes artistas, xiras internacionais e numerosas colaboracións, A Pedreira preséntase en Segmento cantábrico cunha madurez escénica, paixón, voz e creatividade desbordantes, coas que aposta unha vez máis pola vangarda, cunha coidada posta en escena e composicións que considera «as máis xenuínas» de cantas ten realizado até o momento.

«Ser 1, ser +», «Xá máis», «Onde está o verso» ou «Follas Novas», son catro dos once temas que compoñen este traballo, con produción musical, arranxos e premisturas realizadas por Pierre-Yves Rougier no Estudio Ty Awel en Castropol (Asturias) –onde reside a artista–, mistura e remasterización final con Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios (Friol), deseño e tipografías de Xavier Belho e colaboración de Iván Laxe no baixo e Alberto M. Lamas na stelle guitar.

Evento Ugia Pedreira

Footer

SUBSCRIBE

BE SOCIAL

  • Email
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • YouTube

Nordesía Produccións © 2023       Terms of Use · Privacy Policy