Margarida Mariño

Violonchelo

Nada en Vigo comeza os seus estudos de violoncello aos oito anos no Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade. No ano 2008 trasládade a Barcelona para licenciarse no Conservatorio Superior del Liceo. Recibiu clases de prestixiosos violoncellistas coma Cristoph Coin, Barbara Switalska, Asier Polo ou Herre Jan Stegenga e formou parte de distintas orquestras a nivel internacional coma a Orquestra Réssonance en Suiza ou La Via dei Concerti en Italia. A exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello leváronna a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, coma o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra ou o Seminario Permanente de Improvisación Libre (SPIL). O pasado 2020 presentou o seu proxecto en solitario Cello&Electronics, fusionando o violoncello clásico con pedais de efectos, voces, loops i electrónica. Tivo grande acollida no WOS Festival e ten percorrido escenarios coma o Prinsenkwartier en Delft, Onder aan de Dijk en Rotterdam, a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ou o Teatro Colón na Coruña.