- Lugo, Pontevedra e A Coruña serán as cidades escollidas para este espectáculo único que une música e debuxo ao vivo

Kevin Johansen e Liniers regresan a Galiza para o tramo final da súa xira europea. Despois de percorrer medio mundo e realizar máis de 100 concertos desde 2023, o dúo despídese —ata novo aviso— cun espectáculo que mestura música, debuxo ao vivo e humor intelixente.
Mentres Kevin Johansen fai un percorrido polas cancións máis emblemáticas da súa discografía, o debuxante Liniers recrea un universo visual en tempo real sobre unha pantalla proxectada no escenario. Arte, música e amizade mestúranse nun concerto que envolve ao público nunha experiencia sensorial única.
Esta xira recolle tamén o lanzamento do seu álbum en directo “Desde que te Madrid” (2025) e a publicación do libro “Es nuestra forma de comunicarnos”, materiais que reflicten o espírito desta unión artística que suma xa máis de 16 anos de complicidade.
Datas dos concertos:
- Pontevedra: Auditorio do Pazo da Cultura | 28 de maio 2026 | 21:00 h
- Lugo: Sala Tebras | 30 de maio 2026 | 21:30 h
- A Coruña: Teatro Rosalía | 31 de maio 2026 | 20:30 h



