• Saltar al contenido principal
  • Saltar al pie de página

Nordesía

Compañía musical independiente

  • Experiencias
  • Talento
  • Ideas

Jun 15 2023

Chega a VII edición do Fisterra Blues Experience do 30 de xuño ao 2 de xullo

Banner Fisterra Blues Experience 2023

Descubre o cartaz completo, repleto de músicas de alto nivel, ademais dunha aposta pola variedade de disciplinas artísticas: poesía, comedia e un roteiro sonoro pola vila.

Fisterra, 15 de xuño de 2023. Os próximos 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, a vila da Fin do Mundo albergará a VII edición do Fisterra Blues Experience, evento que contará con recoñecidos nomes do blues galego e internacional, xunto outros xéneros musicais, ademais dun feixe de diferentes actividades que transformarán os espazos da localidade fisterrá durante toda a fin de semana.

O festival convértese nun camiño no que atoparse coa arte, con actividades na Praza da Foliada frente a Praia Langosteira, no Parque de San Roque e en diferentes espazos da vila ata rematar no Faro. A ocasión perfecta para achegar ao público experiencias únicas e inspiradoras, investigando as posibilidades que ofrecen o territorio e a natureza de Fisterra dende unha ollada sostible e comunitaria.

As letras tamén serán protagonistas nesta edición 2023 do Fisterra Blues Experience. A un cartaz cheo do mellor blues e de múltiples propostas relacionadas coa música americana, súmanse unha serie de performances de diferente índole que navegarán eidos como o da poesía musicada ou o da pura comedia. Nomes coma o de Carlos Santiago, DebajodelaPalmera & Valiente, Zeltia e Peter, Lois Pérez e aldaolado serán os encargados de poñer a palabra no ar do Atlántico, emocionando, inspirando e facendo rir. Do mesmo xeito, o festival estreará nesta edición un roteiro musical por Fisterra, dirixido polo indiscutible mestre roteirista, o escritor e músico Xurxo Souto.

Cartaz Fisterra Blues 2023

Así, péchase un cartaz no que algúns dos pratos fortes no musical serán: a presentación do novo proxecto do compostelán Marcos Coll, un dos mellores armonicistas de Europa; o Blues a Bordo da man do máis mítico dos bluesman galegos, Adrián Costa; a estrea absoluta do supergrupo do blues estatal Mojo Mantra; a actuación do “neno prodixio do soul francés”, Alexis Evans; a chegada a Fisterra da ecléctica mestura de sons americanos do estadounidense Luke Winslow-King; e toda unha recua de bandas e artistas de gran proxección nas escenas estatais do blues, do jazz e a música americana en xeral, coma La Perra Blanco, Madame Bird, Malabesta ou David Regueiro, que protagonizará a jam session do faro coa violinista asturiana Mónica Acevedo.

A programación completarase con outras actividades coma obradoiros con material de refugallo, xogos tradicionais, futbolíns, DJ’s e un Mercado de Artesanía e Deseño no centro da vila.


O Fisterrra Blues Experience conta cos patrocinios da Xunta de Galicia e Xacobeo, Deputación da Coruña, Concello de Fisterra e Estrella Galicia. Colaboran o Semáforo de Fisterra e Cruceros Fisterra. A produción corre a cargo de Nordesía Produccións e A Reixa Producións.

  • Entradas e máis información en fisterrablues.gal

Festival A Coruña Adrián Costa Aldaolado Alexis Evans Blues Carlos Santiago Comedia Concertos David Regueiro DebajodelaPalmera & Valiente Fisterra Fisterra Blues Experience Jazz La Perra Blanco Lois Pérez Luke Winslow-King Madame Bird Malabesta Marcos Coll Mojo Mantra Mónica Acevedo Parque de San Roque Poesía Praia Langosteira Praza da Foliada Soul Xurxo Souto Zeltia e Peter

  • Nosotros
  • Noticias
  • Contactar

Footer

Newsletter

SOCIAL

  • Correo electrónico
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • YouTube

Nordesía Produccións © 2023  |  Aviso Legal · Política de Privacidad       Crafted by Muwalk