En 1996 creamos Nordesía coa vontade de converter Galicia nunha célula de universalidade onde tradición e modernidade converxeran ao longo do noso percorrido. Hoxe, 30 anos despois, con máis de 4000 concertos as nosas costas de artistas de diferentes territorios e culturas, queremos celebrar estas tres décadas como se merecen: cunha gran festa chea de música, emocións e a mellor compañía!.
Cando?
O sábado 25 de abril, ás 20:30 h na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Ven celebrar estes 30 anos connosco
A programación inclúe o concerto de Expresso Transatlântico, que servirá de marco oficial para a presentación da VII Edición do Festival MARÉ, e as intervencións musicais de artistas como Cheny Wa Gune, A Pedreira & Alejandro Vargas, X. M. Budiño, Lumedoloop, Marcos Coll, Felisa Segade, Uxía, Banda das Crechas e DJ MIL.
Para que a festa continúe e o baile estea asegurado, DJ Panko fará un percorrido pola música vencellada a Nordesía nestes 30 anos de traxectoria.
Todo isto, con Carlos Blanco como mestre de cerimonias.
Narf: a pegada inesquecible
Unha noite para celebrar, pero tamén para lembrar. Teremos presente ao noso querido Fran Pérez ‘Narf’, cuxo legado segue a guiar o noso camiño.
Vémonos na Capitol!




