O proxecto artístico de Bewis de la Rosa, unha das irrupcións musicais máis rachadoras xurdidas este ano no Estado, chega este outono a Galicia. A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado 14 de outubro, no ciclo Suseia et Ultreia, a única parada en Galicia da xira de presentación do seu primeiro disco “Amor más que nunca”.