O Festival Maré de Músicas e Artes Atlánticas, arranca este mércores en Santiago de Compostela, coa esperada actuación do histórico cantante do Bierzo Amancio Prada, xunto coa Real Filharmonía de Galicia.
Havana D'Primera
Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia abrirán o Festival Maré estreando a versión sinfónica dos Poemas Galegos de Lorca
Por vez primeira, o histórico cantautor Amancio Prada presentará coa Real Filharmonía de Galicia a versión sinfónica dos Seis Poemas galegos de Federico García Lorca, coa orquestación e dirección de David Fiuza e a colaboración especial do Coro Cantigas e Agarimos.
O Festival Maré abre as portas do Teatro Principal de Santiago a cantautores internacionais con propostas íntimas e reivindicativas
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023. O festival Maré de Músicas e Artes Atlánticas quere encher Santiago de cultura, de melodías e voces renovadoras. Entre o 20 e o 24 de setembro, o histórico Teatro Principal será un dos centros en torno aos cales xire a programación deste festival que conecta tradicións de portugal, latinoamerica e Galicia.
O festival Maré contará coa cantautora e activista Bia Ferreira como unha das súas principais apostas
O festival Maré contará coa actuación da brasileira Bia Ferreira. A cantautora está a presentar o seu novo disco “Faminta” e con este concerto porá fin á súa xira europea.







