O Festival Maré anuncia a incorporación de novos artistas ao seu cartaz, así como o tributo «Celebrando a Kepa Junkera», coa presenza do artista vasco, ou actividades como cine e un obradoiro de escrita creativa impartido por Ugia Pedreira e Nuno Pico, de Grande Amore.
Festival Maré
Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia abrirán o Festival Maré estreando a versión sinfónica dos Poemas Galegos de Lorca
Por vez primeira, o histórico cantautor Amancio Prada presentará coa Real Filharmonía de Galicia a versión sinfónica dos Seis Poemas galegos de Federico García Lorca, coa orquestación e dirección de David Fiuza e a colaboración especial do Coro Cantigas e Agarimos.
O Festival Maré abre as portas do Teatro Principal de Santiago a cantautores internacionais con propostas íntimas e reivindicativas
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023. O festival Maré de Músicas e Artes Atlánticas quere encher Santiago de cultura, de melodías e voces renovadoras. Entre o 20 e o 24 de setembro, o histórico Teatro Principal será un dos centros en torno aos cales xire a programación deste festival que conecta tradicións de portugal, latinoamerica e Galicia.
O lexendario músico, DJ e director de cine Don Letts, que introduciu ao grupo The Clash na música reggae, estará en setembro no Festival Maré
Letts, personaxe clave na eclosión do punk británico, actuará e presentará por vez primeira en Galicia o documental «Rebel Dread», onde excompoñentes de The Clash ou Sex Pistols, falan sobre súa relevancia.
O festival Maré contará coa cantautora e activista Bia Ferreira como unha das súas principais apostas
O festival Maré contará coa actuación da brasileira Bia Ferreira. A cantautora está a presentar o seu novo disco “Faminta” e con este concerto porá fin á súa xira europea.
Pongo, Chico César, Capercaillie & RFG, Maruja Limón ou Guadi Galego, primeiras confirmacións do Maré 22
O festival Maré, Musicas e Artes atlánticas celebrará do 21 ao 25 de setembro a súa XVIII edición, a terceira en Santiago de Compostela, cunha destacada presenza feminina no cartel.









