
- Letts, personaxe clave na eclosión do punk británico, actuará e presentará por vez primeira en Galicia o documental «Rebel Dread», onde excompoñentes de The Clash ou Sex Pistols, falan sobre súa relevancia.
- A MC escocesa Soon T abrirá a Sala Capitol coa súa actuación previa, nunha sesión marcada polo reggae e o dub.
- Xa está á venda o abono completo para o festival Maré, que terá lugar este setembro en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023. Don Letts é unha lenda indiscutible do mundo do cine e da música, toda unha autoridade no mundo do punk, e, máis tarde, do reggae. Letts, que foi amigo persoal de Bob Marley, foi unha figura chave á hora de introducir ao grupo The Clash na exploración dos sons xamaicanos, e crear así un factor diferenciador no punk británico. Este mítico artista británico traerá o seu DJ set á Sala Capitol de Santiago de Compostela, no marco do Festival Maré, o vindeiro venres 22 de setembro ás 23.15h. Como concerto previo, acompañarálle a partir das 21.00h a MC escocesa Soom T. Ambos artistas comparten as raíces no reggae e no dub e presentarán os seus novos traballos en Santiago de Compostela en setembro.
Na súa faceta cinematográfica, Don Letts tamén estreará en Galicia o documental «Rebel Dread», co propio Letts como protagonista da súa historia. Dirixido por William E. Badgley, o filme reconstrúe mediante montaxe de imaxes de archivo do propio artista –filmadas coa súa Super 8– a historia dunha das figuras máis influíntes no punk e no underground inglés dos 70. Por ela pasan as historias de vida de moitos dos grandes grupos desta época como The Clash ou Sex Pistols, con artistas como Mike Jones ou John Lydon, así como anécdotas dos videos musicales icónicos como London Calling ou Back on the Chain Gang.

A proxección terá lugar na Facultade de Filosofía ás 18.00h do venres 22 de setembro. Letts tamén dirixiu en 1978 o filme «The punk rock movie», un clásico do cine punk que Martin Scorsese elexiu como un dos seus documentais favoritos e que o mesmísimo Federico Fellini calificou como «terrorismo visual».
Ademáis da súa relación con The Clash, aos que realizou varios videoclips, Letts tamén dirixiu clips para The Pretenders, The Jam ou Franz Ferdinand, entre os preto de 300 traballos que fixo. Gañou un Grammy en marzo de 2003, polo seu filme documental «Westway to the World».

Ademáis de xornalista, prescriptor do punk e cineasta, Letts tamén é un DJ de prestixio. En setembro de 2023, Don Letts, estreará o seu álbum «Outta Sync», do que xa están fóra os singles «Wrong» e «No Fooling Me», xunto con Hollie Cook, como adianto. Este será o seu primeiro traballo en solitario no que amosará outra faceta como músico distinta á que xa tiñamos presente.
Soom T, pola sua banda, é una MC escocesa de orixe indio cando comeza a militar politicamente e decide que quere que se escoite a súa voz. Aúna características do hip-hop, do reggae e do dancehall, con letras de denuncia social e coa súa pasión pola poesía. É unha das novas voces sobresaíntes da cultura do «ragga», un subxénero do dancehall e do reggae de instrumental electrónica.

No seu novo álbum, «Good», lanzado en 2022, Soom T canta á liberdade e á versatilidade sobre ritmos reggae, dancehall ou, incluso, jazz. Fusiona as influencias do underground inglés coa música de Jamaica. Neste novo álbum autoproducido, podemos atopar unha nova intención musical, na que a MC escocesa rodéase dos mellores músicos e produtores para xerar un son renovado e fesco.
O Festival Maré, que se celebrará en Santiago de Compostela do 20 ao 24 de setembro, mantén á venda os abonos completos polo prezo de 50 euros. Pódense mercar na páxina do festival, mare.gal, xunto coas entradas individuais de cada concerto. Ata o momento, Ademais de Don Letts e Soom T, están confirmados outros artistas como o grupo cubano de salsa Havana d’Primera, unha das sensacións da música caribeña actual, a ou a transgresora cantautora Bia Ferreira, que actuará xunto ao galego O Rabelo, tamén na Sala Capitol.
