Política
de
devoluciones
A política de devolucións e reembolsos define as condicións, prazos e procesos para que os clientes devolvan produtos comprados ou soliciten un reembolso por eles
ámbito de
aplicación
Esta política regula as compras efectuadas na tenda en liña de nordesia.com. Ao realizar un pedido aceptas estas condicións.
prezos e
impostos
Os prezos móstranse en euros e inclúen IVA salvo indicación expresa en contrario.
Os gastos de envío e, de ser o caso, taxas/aduanas fóra da UE calcúlanse no proceso de pagamento.
métodos de
pagamento
Os métodos dispoñibles amósanse no checkout (p.ex. tarxeta, pasarelas de pago, etc.). Por seguridade, os pedidos poden someterse a verificación antifraude.
procesamento de pedidos e envío
- O prazo estimado de preparación e entrega indícase no checkout segundo destino e método de envío elixido.
- Se non é posible entregar no prazo máximo legal (30 días naturais) e non aceptas un novo prazo, reembolsarémosche o importe íntegro.
- Unha vez expedido o pedido, recibirás información de seguimento cando estea dispoñible.
cambios de talla
ou produto
Podes solicitar cambio (p.ex. de talla) dentro do prazo de desistencia (ver punto 6), sempre sen uso, con etiquetas e embalaxe orixinal.
Os cambios están suxeitos a dispoñibilidade de stock. Se non fose posible, tramitarase reembolso segundo as normas de devolución.
dereito de
desistimento
(14 días)
Tes dereito a desistir da compra dentro de 14 días naturais desde a recepción do pedido, sen necesidade de xustificación.
Para exercelo, comunícanolo de forma inequívoca (p.ex. mediante o formulario de contacto de nordesía.com). Conservarás un xustificante da túa comunicación.
dereito de
desistimento
(14 días)
Tes dereito a desistir da compra dentro de 14 días naturais desde a recepción do pedido, sen necesidade de xustificación.
Para exercelo, comunícanolo de forma inequívoca (p.ex. mediante o formulario de contacto de nordesía.com). Conservarás un xustificante da túa comunicación.
Condición do artigo
Para aceptar a devolución, os artigos deben chegar:
- Sen usar, limpos, sen olores nin marcas.
- Coas etiquetas e embalaxe orixinal (incluíndo agasallos, manuais e calquera accesorio).
- Os packs deben devolverse completos.
custos de devolución
e procedemento
Se o desistimento é por decisión persoal (non defecto), os gastos de envío de volta corren ao teu cargo.
Se o artigo chegou defectuoso, danado ou erróneo, nordesía asume os gastos tras verificar a incidencia.
Como devolver:
- Solicita a devolución a través das canles indicadas en nordesía.com e agarda a autorización.
- Embala o produto axeitadamente; non se aceptan paquetes contra reembolso nin sen autorización previa.
- Envía o paquete no prazo indicado nas instrucións que che remitamos.
Reembolsos
Unha vez recibido e inspeccionado o artigo, confirmaremos por correo a aceptación ou denegación da devolución.
O reembolso efectuarase polo mesmo medio de pago empregado na compra, no prazo máximo legal de 14 días desde que comuniques o desistimento; podemos reter o reembolso ata recibir a mercadoría ou un xustificante de envío, o que antes aconteza.
Reembolsaremos o prezo do produto e, se procede, os gastos de envío estándar iniciais (non os premium/exprés). Os gastos de devolución só se reembolsan en caso de erro noso ou defecto.
Produtos
defectuosos
e garantía legal
Se o produto está defectuoso ou non é conforme, arranxarase, substituirase, reducirase o prezo ou reembolsarase segundo corresponda.
Aplica a garantía legal de conformidade vixente en España (ata 3 anos desde a entrega para bens de consumo, segundo normativa aplicable).
Promocións
Os artigos adquiridos con descontos ou en promoción poden devolverse cos mesmos prazos e condicións, salvo indicación expresa.
envíos retornados e direccións incorrectas
Se un pedido se devolve por dirección incorrecta/incompleta ou por non recollida, poderás solicitar un novo envío (asumindo os novos gastos). Tamén podes pedir reembolso do produto (descontando os gastos de envío xa incorridos).
atención ao cliente
Para calquera dúbida, cambio ou devolución: utiliza o formulario de contacto ou os datos que aparecen en nordesía.com. Responderemos canto antes con instrucións claras (sen rodeos, prometido).
lei aplicable e
resolución de
conflitos
Esta política réxese pola lei española.
Para incidencias, recomendámosche contactar primeiro con nós. Tamén podes recorrer á Plataforma de Resolución de Litixios en Liña da UE (ODR).
Salvo norma imperativa, os xulgados competentes serán os do teu domicilio como consumidor.



