
Sintoniza aquí o 27 e 28 de Novembro. 19 Propostas musicais de 14 países
CULTURAS 360, o proxecto anual en liña dedicado a presentar propostas artísticas de todo o mundo, celebra a súa II edición os próximos 27 e 28 de novembro.
Dende Galicia participa o dúo formado por Antía e Sabela, Caamaño&Ameixeiras, que veñen de gañar o Premio Martín Códax de Música Folk, e actúan este sábado 27 de novembro ás 16h.
O cartel está composto por 19 propostas musicais de 14 países situados nos continentes americano, en Europa, África e na India. Dous días de descubertas ao redor do globo, un paseo por estilos musicais diversos e artistas inclasificables.
No seu compromiso compartido de promover a transformación social e a solidaridade entre pobos, o colectivo de traballadores e profesionais de CULTURAS 360, que reúne dezasete festivais de música globais –isto é, oito máis que na primeira edición–, conflúen nesta iniciativa baseada nunha plataforma independente de actuacións vía streaming que se sucederán desde as 14h do sábado 27 e até as 21h do domingo 28.
Nesta nova celebración, os principais artistas da música de países de todo o globo presentarán unha diversidade rica de culturas, esa maxia especial que nos une máis alá da nosa posición xeográfica.
Caamaño&Ameixeiras, dende Galicia. Sábado 27 de novembro, ás 16h
Canciones cheas de forza, danza e sensualidade que Dulce Pontes trae ao seu terreo con inmenso respecto e responsabilidade neste espectáculo, no que estará acompañada polo cubano Yelsy Heredia (considerado o mellor contrabaixista da súa xeración e colaborador habitual do gran Chucho Valdés), o portugués Luis Guerreiro (unha das mellores guitarras portuguesas) e o tamén cubano Sergio Fernández (piano).

Cun concerto exclusivo, gravado no taller de luthería de José Catoria, Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) ofrecerán ao mundo un espectáculo de natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, que toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio. A partir de aí crean a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular, pero incorporando recursos contemporáneos.


Programación completa de CULTURAS 360

