- A súas letras críticas e a súa escenografía de bragas vintage tendidas ao sol nos concertos, convértena nunha das artistas máis rachadoras do ano.
- A única actuaciónda súa xira programada en Galicia será o sábado 14 de Outubro na Sala Capitol, dentro do ciclo «Suseia e Ultreia».
- O concerto terá a como artistas convidadas a Catuxa Salom, O Rabelo e Itxi Guerra.
Santiago de Compostela, 6 de Outubro de 2023. O proxecto artístico de Bewis de la Rosa, unha das irrupcións musicais máis rachadoras xurdidas este ano no Estado, chega este outono a Galicia. A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado 14 de outubro, no ciclo Suseia et Ultreia, a única parada en Galicia da xira de presentación do seu primeiro disco “Amor más que nunca”.
Artista interdisciplinar, bailarina, actriz, coreógrafa e investigadora no ámbito da danza e do teatro físico, Bewis de la Vega atreveuse a dar o salto á música, creando o concepto de rap rural, mesturando a cultura hip-hop coas coplas populares que aprendeu das súas avoas. Os eixos conceptuais das súas letras son o amor, cunha perspetiva crítica sobre o amor romántico e a proposta de novas formas de emocións non monógamas, e o mundo rural. As cancións e o seu xeito de estar no mundo parten dun pensamento crítico que inclúe o transfeminismo, a reflexión sobre o decrecemento, as feridas históricas e a saúde mental.
A súa música ten claras referencias á tradición follklórica castelá, con elementos de rap, hip-hop e latin e nas súas actuacións mestura tamén danza e performance. A artista adoita reinvidicar sen complexos nos seus concertos o legado das mulleres que a precederon, reproducindo no escenario un tendedeiro de bragas tipo faixa colgadas ao sol.
Para a súa presentación na Sala Capitol, Bewis de la Vega estará acompañada das artistas galegas Catuxa Salom e o Rabelo e da escritora e activista LGTBI Itxi Guerra.
A actuación terá lugar na Sala Capitol no marco de “Suseia et Ultreia”, un ciclo de concertos patrocinado polo Xacobeo, cuxo eixo central é celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas e favorecer o entendemento a solidariedade para garantir a xustiza social. O concerto está patrocinado pola Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e do Xacobeo. O criterio de selección de artistas quere propiciar escenarios abertos ao diálogo a través de novas propostas musicais e homenaxear ás culturas e aos lugares de orixe dos pelegríns a Compostela.
As entradas para o concerto de Bewis de la Vega na Sala Capitol de Santiago de Compostela, o vindeiro sábado 14 de outubro ás 21:30 horas, están á venda na plataforma www.enteritcket.es