- O festival encara os dous últimos días cun éxito de público, gran calidade musical da programación e encontros profesionais.
- Hoxe sábado é o día das actuacións abertas ao público na Praza de Mazarelos, o tributo a Kepa Junkera coa súa presenza no festival e Fetén Fetén no Teatro Principal.
Santiago de Compostela, 23 de Setembro de 2023. O Festival Maré, que se celebra ata este domingo 24, encara do dous últimos días de programación despois da xornada vivida onte venres. A actuación no Teatro Principal doscataláns Pol Batlle con Rita Payés encheu o recinto e cativou ao público coas súas cancións intimistas. Payés acompañou a Batlle no que foi a presentación en Galicia do seu último disco “Salt Mortal”, unha colección de temas case hipnóticos que Batlle introduciu ao público, como o alzheimer, os coidados ou a futura maternidade de Rita Payés.
Antes, no Salón Teatro foi a quenda da Molimo, a formación da artista e investigadora Chefa Alonso, que explora o camiño da improvisación, por veces cercana á performance. Molimo incorporou nesta ocasión a voz, a palabra e a sensibilidade da poeta da Mariña, Marina Oural.
Previamente, pola mañá, Maré viviu o primeiro dos seus encontros profesionais, que tivo lugar na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago. Formando parte das actividades do Proxecto Europeo MATE que teñen lugar no marco de Maré, varias e varios programadores de diferentes países do mundo, conversaron sobre o poder transformador dos festivais e o seu impacto no Territorio. Asistiron profesionais recoñecidos no sector como Montse Portús, directora do Museo do Mercado de Música Viva de Vic, en Cataluña, Jonhny Shwalbach do Mozambique Musique Meeting, ou a plafaforma de conexión de artistas que promove Sonya Mazumdar, desde a India, ademáis de Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines, en Portugal ou Francesco Fodarella, do Festival de Ariano en Italia.
A xornada de tarde tamén incorporou o cinema. Arredor dun cento de persoas asistiron na Facultade de Filosofía, á proxeción do filme “Rebel Dread”, de William Bradley, centrado nunha figura de referencia no nacimento e evolución do punk británico, como é Don Letts. O protagonista do documental tivo un interesantísimo encontro co público e respondeu entusiasta ás preguntas do público asistente, todos eles moi novos e moi distantes xeneracionalmente de Letts. Aínda así, Letts agradeceu as reflexións que lle estaban provocando as súas cuestións.
Pola noite, Letts poñería o traxe de faena para instalar o seu Don Letts Dj Set na Sala Capitol e facer bailar ao público nunha sesión marcada polo reagge e polo dub. Antes que Letts foi o turno da escocesa Soom T & The Stone Monks, unha proposta que sorprendeu ao público que non a coñecía pola súa enorme enerxía sobre o escenario.
Hoxe sábado, día grande de Maré, con numerosas actuacións na rúa e presenza de Kepa Junkera
O Festival Maré vivirá hoxe sábado a súa penúltima xornada, a máis intensa, con numerosas actuacións de estilos diversos na Praza de Mazaralos, cinema, poesía, animación de rúa e un obradoiro de escrita creativa.
Ata dez bandas pasarán por diversos escenarios da cidade. Desde as 12,00 horas, as diferentes rúas da cidade serán invadidas pola Marexada Perkuta que animará a cidade, e desde as 13,00 horas ata a noite iranse sucedendo numerosas actuacións , con entrada libre, na Praza de Mazarelos. O público poderá escoitar propostas novedosas de diferentes estilos musicais: o electrofolk de Maricarme, afrobeat con Macheta Supah Sound e ao mediodía a sesión vermú co coñecido Dj Floro, do programa Sonideros de Radio 3, entre outros. Pola tarde será a quenda nesta praza da interesantísima proposta chegada desde Marrocos, Aita mon amour, os ritmos bailables de Mundo Prestigio e o peche coa mestura de ska e ritmos balcánicos de Brinkadelia Troupe.
En paralelo, ás 16,30 horas terá lugar a proxeción no Salón Teatro de “Berpiztu”, o documental arredor da figura de Kepa Junkera, coa presenza deste músico vasco que, no cumio da súa carreira, sufriu un ictus que o obrigou a afastarse dos escenarios. Ao rematar haberá unha “Éromeriak”, para celebrar a presenza de Junkera na Maré. Tamén haberá un obradoiro de escrita creativa con Lidia Luna e Ugía Pedreira, e un posterior encontro con Grande Amore.
Unha das actuacións máis agardadas do día será a de Fetén Fetén no Teatro Principal, con numerosos convidados como Guadi Galego, Pedro Pascual ou Xosé Lois Romero, de Aliboria.
A Sala Riquela incorpórase tamén aos escenarios de Maré, coas atrevidas propostas da brasileira Livia Mattos e as arxentinas Fémina.
Programa do día
12.00. Marexada Perkuta. Sesión vermú con Latexo Percusión. O percorrido será dende a praza de Cervantes ata Mazarelos pasando polo Mercado de Abastos.
13.00. Maricarme na Praza de Mazarelos. Será un concerto de balde.
14.00. MaCheta Supah Sound na Praza de Mazarelos. Será un concerto de balde.
15.00. Sesión DJ do DJ Floro na Praza de Mazarelos. Será unha sesión de balde.
16.30. Proxección do documental Kepa Junkera Berpiztu (Renacer) no Salón Teatro. Entrada de balde ata completar aforo.
17.00. Taller de ‘escrita creativa Basal’ con A Pedreira e Lidia Luna na Galería Patio de Luz. Inscricións na web narrativasyotraslunas.com
18.30. Conversa aberta entre Grande Amore e A Pedreira sobre comunidade e composición. Será de balde e con entrada libre ata completar aforo
18.30. Serán É Romería coas pandereiteiras do Salón Teatro ao Teatro Principal.
19.30. Aïta Mon Amour na Praza de Mazarelos. Será un concerto de balde.
20.00. Fetén Fetén en concerto no Teatro Principal. Será un concerto con convidados como Guadi Galego, Pedro Pascual, Xose Lois Romero, Germán Díaz, Maru Quintana, Begoña Riobó ou Anxo Pintos.
20.00. Marexada Perkuta. Correrá a cargo de Trópico de Grelos e Circo Novo dende a Praza de Mazarelos e por tódolos espazos nos que terá lugar o Maré.
20.30. Livia Mattos no Riquela. A carismática Livia actuará en formato ‘power trío’ xunto con Jefferson Babu na tuba e Rafael dos Santos na percusión. Ademais presentará o seu novo traballo ‘Apneia’ (2022).
21.30. Fémina no Riquela. O dúo arxentino actuará na Sala Riquela en formato dúo.
22.30. Mundo Prestigio na Praza de Mazarelos. Será un concerto de balde.
23.30. Brinkadelia Troupe na Praza de Mazarelos. Será un concerto de balde.