- O músico portugués estará o 26 de setembro en Santiago de Compostela e o 2 de outubro en A Coruña

Hai voces que teñen a capacidade de parar o reloxo e facer que o mundo exterior se esvaeza. A de António Zambujo é, sen dúbida, unha delas. O músico portugués, consagrado como unha das figuras imprescindibles da cultura lusa contemporánea, regresa a Galicia para presentar o seu novo álbum, Oração ao Tempo, con dous concertos exclusivos -polo de agora- que prometen cativar ao público.
Dúas citas imperdibles en Galicia
As cidades escollidas para os concertos de António Zambujo na nosa comunidade son Santiago de Compostela, o 26 de setembro no Auditorio de Galicia, e A Coruña, o 2 de outubro no Teatro Colón. Dúas oportunidades únicas -á espera de máis datas por anunciar- de desfrutar do novo traballo discográfico do aclamado cantante portugués.
«Oração ao Tempo», recén publicado esta primavera, toma o seu nome dun dos fitos máis emocionantes da súa carreira: a gravación do tema xunto ao gran Caetano Veloso, autor da canción orixinal. Composto por 15 cancións, tres da autoría de Zambujo, conta con grandes colaboracións de cantantes consagrados e de novas voces da música lusófona.
O seu undécimo álbum é unha reflexión profunda sobre o paso dos anos, a necesidade da desaceleración e a importancia de valorar os pequenos praceres da vida.
[…]
No fundo, são muito poucas as palavras que nos doem de verdade e muito poucas as que conseguem alegrar a alma.
E são também muito poucas as pessoas que nos comovem o coração.
E menos ainda as que o comovem muito tempo.
No fundo, são pouquíssimas as coisas que importam de verdade na vida.
Poder amar alguém e que nos amem.
E não morrer depois dos nossos filhos…
[…]
Os concertos contan co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.



