Antonio Romero

Contrabaixo

Antonio Romero Cienfuegos, contrabaixo, cursou os seus estudos en España, Reino Unido e Italia e ten colaborado con numerosas orquestras sinfónicas de todo o Estado tales como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filarmonía de Galicia, Orquesta de Radio Televisión Española ou Orquesta Sinfónica de Castela e León. Estreou diversas obras orixinais para o instrumento e ten gravado numerosos traballos discográficos de estilos moi variados. Na actualidade, é profesor de contrabaixo e repertorio orquestral no Conservatorio Superior de Música de Castela e León, actividade que compaxina con frecuentes recitais e masterclasses en distintos países tales como Rusia, Italia ou Portugal.