Antía Ameixeiras

Violín

Antía Ameixeiras (Soesto, 1993) comeza os seus estudos de violín clásico aos nove anos, para despois, namorada da cultura de raíz, cambialo polo violín tradicional, ao seu paso pola Central Folque. Realiza ademais varias estadías musicais en Bulgaria e Bélxica aprendendo músicas populares e fórmase en música moderna na Escola Estudio, escola Mydriase e no Taller de Músics. No 2015 recibe a Beca de Excelencia Artística Afundación, que a leva de xira polos EEUU con Carlos Núñez, co que segue colaborando. No 2016 incorpórase como violinista de Luar na Lubre, gravando dous traballos discográficos. Recentemente gravou o álbum Ala! co trío de músicas do mundo Oîma, e no 2021 con Caamaño&Ameixeiras, o seu proxecto máis persoal. Antía Ameixeiras ten compartido escenario con músicos da talla de Gustavo Santaolalla, Jordi Savall e Hespèrion XXI, Capercaille ou Dan Ar Braz.