• Skip to main content
  • Skip to footer

Nordesía

Music management, booking and events production

  • Talento
  • Experiencias
  • Ideas
  • News
  • SUSEIA et ULTREIA
    • Ana Moura
    • Leyla McCalla
    • La Yegros
    • Fotos 2023

Feb 20 2022

Albert Pla presenta en Ferrol o seu espectáculo multimedia MIEDO 2.0

albert-pla miedo

Música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas fusiónanse neste singular espectáculo de poética sorprendente

Baixo a dirección teatral de Pepe Miravete, esta coprodución do Complejo Teatral de Bos Aires onde se estreou, chega agora a Ferrol. Albert Pla actuará no Teatro Jofre o próximo venres 28 de xaneiro, nunha actuación a non perder, considerada pola crítica unha das mellores obras do polifacético artista catalán. Vestido coa xa clásica túnica e botas de auga, desta vez o intérprete acompáñase dunha impactante posta en escena, baseada en tecnoloxías visuais de vangarda.

Tan inclasificable coma o propio Pla, MIEDO 2.0 fusiona música composta xunto con Raül Refree, con performance, pezas teatrais e un impresionante video mapping do estudio nueveojos con deseño de arte do colectivo arxentino Mondongo –integrado por Juliana Laffitte e Manuel Mendanha–, que conseguirá meter o público en escena nunha experiencia poética sorprendente e liberadora.

En MIEDO 2.0, Albert Pla introdúcese e afonda nos medos que nos acompañan desde a infancia e desenvólveo apoiándose na imaxinaría dos contos e desas personaxes que nos fan experimentar os primeiros Temores. Medos que irán cambiando, pero que nos acompañarán até a nosa morte e que van conformando o noso patrón de conduta.

Coa intención de axudarnos a aceptar que debemos convivir con eles, como primeiro paso para superalos, en MIEDO 2.0 Pla invítanos a realizar un repaso cargado de humor negro, ironía e sátira polos terrores humanos máis íntimos, aqueles que bloquean as nosas metas e trastornan o noso día a día, acompañando o seu impecable monólogo dunha excelente escenografía audiovisual.

Ficha técnica

  • Idea e interpretación: Albert Pla.
  • Diseño de arte: Mondongo.
  • Audiovisuales: Nueveojos.
  • Coordinación de produción: Pedro Páramo e Diana Glusberg.
  • Coordinación de produción (CTBA): Natalia Uccello.
  • Asistencia de dirección (CTBA): Rosana Rodríguez, Daniela Sitnisky e Jeremias Sapire.
  • Dirección técnica da compañía: Xavier Gibert.
  • Deseño de son: Kei Macias.
  • Deseño e posprodución de son: Judith Farres.
  • Iluminación da compañía: Russo.
  • Escenografía: Cube.bz.
  • Música e cancións: Albert Pla e Raül “Refree”.
  • Dirección: Pepe Miravete.

Evento Albert Pla espectáculo MIEDO 2.0 miedos multimedia música teatro tecnoloxía 3D

Footer

SUBSCRIBE

BE SOCIAL

  • Email
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • YouTube

Nordesía Produccións © 2023       Terms of Use · Privacy Policy