O PROXECTO

Abraham Cupeiro realiza un ciclo especial que supón unha viaxe no tempo a través dunha selección de instrumentos ancestrais conectados coas referencias patrimoniais do lugar: historia, paisaxe, lendas e tradicións… 

Os 6 concertos que compoñen o proxecto Resoando no Camiño Francés terán lugar en diferentes espazos patrimoniais dos concellos de Arzúa, Melide, Palas de Rei, Monterroso, Sarria e Triacastela.

Un percorrido sensorial, amplificado pola caixa de resoancia natural dos espazos escollidos, auténticos auditorios pétreos con vibracións propias, que o músico vai axitar rescatando sons do pasado.

O espectáculo percorrerá o espazo e o tempo a través dun repertorio de composicións e recreacións musicais incluídas en obras do artista coma Pangea ou Os sons esquecidos.

Cada un dos enclaves patrimoniais seleccionados contará cun proxecto de iluminación singular, co fin de potenciar a experiencia musical e reforzar a posta en valor do patrimonio.



Programación e entradas