A Pedreira
GALICIA
Basal, o segundo en solitario de A Pedreira despois de Segmento Cantábrico (2021), sairá publicado en xuño do 2024. Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Nove cancións entretecidas pola narrativa visual e cotiá da artista no seu hábitat actual, a súa casa natal na Mariña. Unha viaxe polas diferentes Pedreiras, dende a Ugia mai ata a nena cantautora con guitarra e voz, que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.
O espectáculo en directo desta formación (Ugia Pedreira, Mauricio Caruso, Lorena Cachito e Alejandro Vargas) é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o clube de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galiza abrázanse neste concerto, onde as artistas combinan diversos xéneros levando todas as cancións da autora a novos lugares.