- Coas colaboracións de Guadi Galego y Oreka Tx, A Pedreira presenta «Fosforescencia», último adianto do que será «BASAL», o seu novo disco.
Basculando entre a canción de autor, o folclore galego e a poesía en carne viva, A Pedreira e Guadi Galego camiñan unidas e atravesadas pola melodía desta «Fosforescencia» que sirve como tercer e último adianto do que será «BASAL», o inminente novo álbum de Ugía Pedreira, tras presentar estas últimas semanas os celebrados adiantos «Soltar» e «Se me apuras».
O que na súa orixe ía ser unha canción que Guadi encargou a Ugía; tras quedar aparcada un tempo, a propia A Pedreira recuperouna doutro xeito en aulas de poesía con Dores Tembrás. Tocándoa xuntas nun show con Guadi na Facultade de Filoloxía, a canción cobrou nova vida: arranxada para pandeiro e piano, no estudo Abrigueiro foi cobrando unha nova forma, coas txalapartas dos vascos Oreka Tx e as aportacións de Arturo Vaquero ata chegar a esta «Fosforescencia» que brilla con luz propia.
A canción, centrada na lenda das xanas e meigas astur-galegas e no concepto do tempo en espiral, respira con ese aire de canción alternativa de autor, pero a música tradicional, o spoken word e as percusións visten un tema que merodea diferentes xéneros para inventarse un propio, demostrando por que A Pedreira é unha das voces e mentes máis avanzadas da cultura galega de vangarda das últimas décadas.
«Fosforescência é adicada a um grande ser porteador de luz, a minha filha Lua Awel que vem para cambia-lo todo. Ponher patas pá riba a família e a comunidade e aprendermos da nossa debilidade que é também a nossa afouteza. Discapacitaxs somos todxs em algo nalgum momento da vida!»
– A Pedreira.
A Pedreira resultou seleccionada finalista na 11ª edición dos Premios Martín Códax da Música, dentro da categoría Canción de Autor/a, xunto a outras das voces femininas máis recoñecidas do sector cultural: Guadi Galego e Antía Muíño.