Nordesía

Ola Nordesía

Ola Nordesía

Nordesía Produccións é unha empresa con sede en Santiago de Compostela, fundada en 1996 por Vítor Belho e Paco de Pin, especializada no deseño e produción de eventos artísticos como festivais, ciclos de música, programas culturais, no management e distribución de artistas, con máis de 3000 concertos realizados en todo o mundo.

Esta produtora ten un papel destacado na promoción internacional da música galega, e foi un dos axentes máis importantes da world music en España. No 2013 uniuse como socio á empresa Anton Martínez, fundador da compañía alemá En directo, especializada na promoción da música e a cultura dos países iberoamericanos, en especial de Cuba.

Nordesía concibe os seus proxectos como produtos únicos e específicos, cunha sensibilidade artesanal, tendo presente dende o inicio ao usuario final: o público. Aborda os seus proxectos de xeito global, realizando producións integrais grazas ao traballo colaborativo dun equipo que controla todas as fases do proceso, e é capaz de optimizar os recursos baixo criterios de calidade, innovación e sostibilidade.

A Festa dos mundos, Imaxina Sons, Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Cantos na Maré, Sons da Diversidade, Festival Internacional da Lusofonía, Galician Connection, As nosas Músicas, Tribus Ibéricas, Festival dos abrazos, A cultura Circula, Ao pé da letra, Vai de Camiño, Musica con raíces, Bumba, Compostela Festival, Dillei, Mundo Lois, Axóuxeres, Con Voz Propia, O país da comedia, Mundo café, FesTribal Centolla TV… son algúns dos festivais e proxectos culturais que Nordesía levou a cabo nestes anos.

Vídeos

Compartir: