Dillei | Nordesía Teatro | Ficha Técnica | Datas do Espectáculo | Hemerotéca | Galería Fotográfica

...Ficha Técnica:

Autor e Director: CARLOS BLANCO ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Productor: F. X. VIÉITEZ CENDÓN ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Textos: ANTÓN REIXA | LUCIA ALDAO | CARLOS BLANCO ||||||||||||||||||||||||||||||

Reparto:
CARLOS BLANCO |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
UGIA PEDREIRA (Voz e pandeireta) ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
DAVIDE SALVADO (Voz e pandeireta) ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RICHARD RIVERA (Voz e pandeireta) |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RAMOM PINHEIRO (Percusión) |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
NATHAN CARTER (DJ) ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Música en directo:
ECLÉCTICA ENSEMBLE |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
DJ KEISON ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Producida por: NORDESÍA TEATRO |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iluminación: D’PINK |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Videocreación: SR PAUSE |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vestiario: NATHAN CARTER |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maquillaxe: SUSANA BEIRO |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Graffiti: CRAWLER ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Asistencia de Dirección: CECILIA CARBALLIDO |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deseño Gráfico: FAUSTO ISORNA |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cobertura técnica: KACHET LOXÍSTICA ESPECTACULAR ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Técnicos de escena: SR PERELLO | MANUEL PAZOS |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Técnicos de iluminación: RAÚL GIRALDO | ARMANDO SALAS |||||||||||||||||||||||||||||||||
Técnicos de son: RAMÓN CAMPOS | PAULA CASTRO ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vj’s: ROI FERNÁNDEZ | ISAAC CORDAL |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Información e contratación: NORDESÍA TEATRO | María Mariño |||||||||||||||||||||||||||||||
Rúa Galeras 17, 2º ofi. 5, 15705 Santiago de Compostela ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Telefono: 981 555930 Fax: 981 557276 correo electrónico: teatro@nordesia.com |||||||

CARLOS BLANCO, autor, director e protagonista de DILLEI, é coñecido polo público gracias aos seus múltiples traballos ao longo de máis de 20 anos de traxectoria profesional en teatro, televisión e cine. Carlos Blanco é a verdadeira alma mater de DILLEI. De el xorde a idea inicial de crear un musical novedoso e vangardista. É Carlos quen impulsa a posta en marcha de DILLEI e quen consegue a colaboración na montaxe de compañeiros seus de profesión como Quico Cadaval e Antón Reixa, cos que traballou en diversas ocasións.

Carlos Blanco posúe un extenso curriculum de colaboracións e traballos varios a destacar entre outros:

Teatro
Como actor en “The Days Before” con Isabella Rossellini, diversas montases de Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste ou o CDG onde protagoniza “A fiestra baldeira”. Como autor e actor en “Directamente Paco II” baixo a dirección de Quico Cadaval e como autor, actor e director en “A historia/histeria de Lili Brown”, o musical “Directamente Paco” e recentemente en “O PAÍS DA COMEDIA”, espectáculo producido por Nordesía Teatro e que acadou un gran número de espectadores e gran éxito en todas as representacións por Galicia.

Televisión
É destacable a súa participación como co-protagonista no papel de Ladislao en “Mareas Vivas”, sendo ésta a seria máis vista na historia da televisión en Galicia. Tamén merece mención o seu traballo como autor do guión de tres capítulos da serie. Asimesmo, destacar o seu traballo nas series “Hospital Central”, “Código Fuego”, “Pratos Combinados”, “Una nueva vida”, “Compañeros” e “A familia Pita”. Participación especial en programas como “Con Perdón”, “El Club de la Comedia” ou “Luar”. Ademáis de intervir como actor e presentador en “Gala dos Premios María Casares 2003”, “Sitio distinto”, “Selección galega” e “A familia mudanza”. Programas estes últimos de Antón Reixa.

Cine
Traballou como actor en “O lapis do carpinteiro” de Antón Reixa, “Sei quen es” e “O alquimista impaciente” de Patricia Ferreira e “Secuestrados en Georgia” TVMovie para Tele 5. Tamén nas curtametraxes “Hipotálamo”, “A gabardina” e “Hotel”.

Na súa longa experiencia profesional leva acadados premios como: Premio Galicia de Xornalismo polo programa “Galicia en Goles” da RAG, Premio María Casares á mellor adaptación teatral polo espectáculo “Nano” e Finalista do Certame de Monólogos del Club de la Comedia 2003.

Nos últimos tres anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como narrador oral tanto en Galicia como no resto de España, así como en Holanda e Portugal.

A banda sonora de DILLEI é un traballo importante de creación e mestura de ritmos elaborado integramente a través da colaboración e o traballo conxunto de Ecléctica Ensemble e Dj Keison.

Tradición e innovación, folk mesturado con Hip-Hop a ritmo de Rap. Todo isto ten lugar na asombrosa combinación de ritmos que se consegue en todos e cada un dos temas que conforman o espacio sonoro de DILLEI.

ECLÉCTICA ENSEMBLE fórmase dende o Conservatorio de Música Tradicional e folk de Lalín por iniciativa de Richard Rivera, Davide Salvado, Ramom Pinheiro e Ugia Pedreira.

Xoga co público e coa súa natural improvisación escénica facendo a éste participe da alegría que produce O CANTAR.

Richard Rivera indaga nas fontes da tradición para basar o seu traballo en cantos de arriero, onomatopeias, frases e refráns. Voz natural e sinceira que lembra aos cantadores antigos da tradición musical.

Davide Salvado é unha das voces que entrou con forza no panorama da música folk galega en masculino. Mestura a provocación coa súa traballada técnica vocal creando un estilo propio para o canto popular.

Ramom Pinheiro coñecido polos dous primeiros discos da formación Chouteira ademáis das súas diversas colaboracións como músico e productor, é o percusionista deste proxecto musical entre bailes, olladas ambiguas e precisas mans.

Ugia Pedreira é unha das voces máis recoñecidas de Galicia. Foi voz do grupo Chouteira con quen realizou tres discos. Creou recentemente o seu espectáculo en solitario baixo o nome de "Marful", música de novas tendencias onde exerce de compositora e comunicadora. E agora pon a harmonía e seducción necesaria en Ecléctica Ensemble.

Lord Keison comenzou a súa carreira como DJ nos bares e clubes máis underground de Londres a finais dos oitenta. Chegou a España no 93 coa xira de US3. A partir do 97 forma parte do grupo de HipHop Da Fundación Cru. Despois da súa desintegración fundou o grupo Non Residentz xunto con outros dous ex componentes da Fundación Cru.

Como un elemento fundamental en DILLEI figuran as videocreacións de SR. PAUSE proxectadas en directo en pantalla xigante polos seus propios creadores; Roi Fernández e Isaac Cordal.

SR. PAUSE, colectivo de videocreación e composición visual levan ambientado algunhas das salas e clubes máis prestixiosos do país, festivais de creación internacional así como numerosas instalacións artísticas, creación de escenografías multimedia para espectáculos teatrais, curtametraxes e, en xeral, un amplio abano de expresións artísticas.