"Cando conto á xente que vimos de Zece Prajini, é como si lles dixera que vimos do fin do mundo. Pero é que o fin do mundo é o lugar ideal para tocar a nosa música" dí o trompetista Costica Trifan.

Situado ao este de Rumanía e a un paso da república autónoma de Moldavia, o pobo Zece Prajani, que significa "as dez parcelas" e está ao final dun camiño imposible ao pe das montañas. Toda a rexión caracteríza-se polo seu aillamento, o seu terreo impracticable e a poesía particular dos seus habitantes.

Pola noite, cando o vento se calma, o eco transporta os sons da música que interpretan as fanfarrias. Ahí é onde viven os músicos de esta orquesta de metais chamada Fanfare Ciocarlia.

A orixe das orquestas de metais xitanas remóntan-se ás fanfarrias militares turcas que apareceron ao principio do século XIX. A ocupación otomana influenciou durante longo tempo nesta rexión do mundo que agora coñecemos como Bulgaria, Moldavia, Macedonia, Serbia ou Rumania.

Dende entón a música transmíte-se de xeneración en xeneración sin interrupción ningunha. Todos os fins de semán os músicos saen de casa cos seus instrumentos e acompañan bodas e outras ceremonias.

Existe unha fantástica simbiosis entre os músicos máis xóvenes e os máis maiores. Cando os mestres entonan as notas máis difíciles, os xóvenes respetuosamente en silencio moven os dedos sobre as trompetas esperando que os ancianos lles den a entrada e lles permitan tocar. E como pensan que a música non debe parar-se na tradición deíxan-se inspirar por melodías máis contemporáneas do cine hindú ou americano adaptándoo ao seu estilo incomparable.

Fanfare Ciocarlia en Concerto !!!

Mércores 7 de Maio na sala CAPITOL - Compostela
ás 21:30 HORAS

Venta de Entradas:
Entrada anticipada: 10 Euros
Entrada en Taquilla: 12 Euros

Discos Gong
Casa das Crechas
Sala Capitol

902 888 902
ticktackticket.com


Teléfono de Información: 981 555930