COMPOSTELA FESTIVAL 2002

Compostela volta, máis unha vez, a situarse á cabeza dos eventos culturais en Galicia. O Compostela Festival é o evento cultural de cantos se celebran nas vilas galegas que máis decididamente aposta pola integración e a participación; un evento que dende Compostela se proxecta ao mundo nun movimento circular no que as tradicións máis senlleiras e as propostas máis contemporáneas conviven ao abeiro dun camiño que é a un tempo vía de entrada das culturas do mundo e vía de saída e proxección das nosas tradicións, senlleiras e contemporáneas, ao mundo.

A música tradicional das valiosas formacións que existen en Galicia, a animación e algarabía coa que os xigantes e cabezudos recuperan tradicións esquecidas, a dignificación do traxe tradicional galego cunhas xornadas que xa cumpren a súa....edición, o Certame de Folclore como referencia para agrupacións e afecionados constitúen no seu conxunto o máis importante programa arredor das nosas tradicións musicais das que existen hoxe en día en Galicia. Un programa que conta ademáis co valor engadido de terse realizado dende o acordo e a integración, unha tarefa non sempre doada, das diferentes agrupacións existentes na comarca.

Outras músicas e outros músicos inspirados nas tradicións chegan ao Compostela Festival dende diferentes puntos do planeta. Artistas seleccionados dende a diversidade das tendencias e das xeografías, artistas que son refrencias esenciais dos estilos e dos países aos que representan: a nova poesía do arxentino Fito Páez; o novo son rimado dos cubanos Orishas; a voz e o exuberante espectáculo de Daniela Mercury, a máis importante e internacional artista brasileña dos nosos días; a enerxía das renovadas tradicións na voz da galega Mercedes Peón; a esencia e a presencia da música dance e os ritmos brasileiros dos anovadores Zuco 103; a maestría do gaiteiro máis internacional, Carlos Núñez serán o xusto contrapunto nas noites da Quintana.

Raíces e tradicións, anovación e modernidade, son a esencia e a filosofía dunha dualidade que quere ser alma e corpo da cidade ao longo dos seis días e das seis noites durante as que transcurre este encontro / re-encontro coas raíces; coas que se sostén o mundo e coas que sementaron quenes andiveron os camiños a Compostela; camiñantes e viaxeiros que hoxe teñen xa un novo motivo para poñerse en movimento: o Compostela Festival.
Fito Paez
Arxentina

22:30 Praza da Quintana
10 Euros
Compositor, productor e director de cine ¿qué máis se lle pode pedir?.
Fito Páez chega a Santiago de Compostela para presentar o seu traballo discográfico "Rey Sol".

Fito Páez RealPlayer Streaming  
 
Web
Ampliar
Video
 
 
Xigantes e Cabezudos
12:00 Animación nas rúas : Xigantes e Cabezudos
Zamora, Puebla de Sanabria , Astorga e Compostela
20:00 Encontro de Xigantes e Cabezudos
Praza do Obradoiro
22:00 Xornadas de Folclore
Cantigas e Agarimos (Santiago)
Agrupación folclórica "A ponte vella" (Pontevea)
Colexiata do Sar (Santiago)
Asociación folclórica da Sociedade Recreativa da San Xoán de Calo (Teo)

Praza da Quintana
Entrada libre o Recinto. Silla : 2 Euros
22:30 Pepe Vaamonde e Habas Verdes
Praza do Toural
Entrada libre
12:00 a 14:00 Animación nas rúas :
Participantes no concurso de grupos musicais tradicionais
20:00 Final do Concurso de grupos Tradicionais
Praza do Toural
22:00 Xornadas de Folclore
Asociación Folclórica Lembranzas Galegas (Vigo)
Xirandola (A Estrada)
Brincadeira (Santiago)
Asociación Folclórica Arume de Verdillo (Carballo)

Praza da Quintana
Entrada libre o Recinto. Silla : 2 Euros

Xornadas de Folclore  
 
 
 
RealPlayer Streaming Orishas
Web
Ampliar
Video
Orishas
Traxe Galego
12:00 Animación das rúas polos rapaces novos
Faiscas de Solobeira, Tinta Femia, Charanga da escola de música de Baña, Xaneco

Orishas Cuba

22:30 Praza da Quintana
Entrada Libre
Orishas son a mellor proba de que misturar ben son cubano con hip hop neoyorquino da un resultado explosivo. Yotuel, Ruzzo e o sonero Roldán son un seguro musical a todo risco cunha posta en escena fulgurante.

23:30 Liñaceira e Route
Praza do Toural
Entrada libre
   
XXII Enxalzamento do traxe galego

12:00 Saída do desfile dende o Paseo Central da Alameda
13:00 Misa e Ofrenda ó Apóstolo na S.A.M.I. Catedral
14:00 Recepción no Concello
19:30 Desfile desde Bonaval ata a Praza da Quintana
20:00 Exhibición de traxes tradicionais e Entrega de Premios
Praza da Quintana
Entrada libre
12:00 Animación das rúas polos vellos
Charanga de Taboadelo, Viqueira de Ordes, Os Queixas de Cerceda

Daniela Mercury Brasil

22:30 Praza da Quintana
10 Euros
Influenciada pola música das rúas de Bahía (unha mestura de reggae, samba e ritmos africáns) pero sen perder de vista o que ocorre no panorama musical mundial, Daniela Mercury garda unha identidade musical propia. As súas Discos son loubadas polo público e recoñecidas pola crítica.

23:00 Ultreia
Praza do toural
Entrada Libre
Daniela Mercury RealPlayer Streaming  
 
Web
Ampliar
Video
 
 
RealPlayer Streaming Mercedes Peón
Web
Mercedes Peón Galicia

24:00 Praza da Quintana
Entrada Libre
Coa súa espectacular voz e arroupada polos seus músicos en escea, esta artista que partindo da música de raiz viaxa através das máis innovadoras sonoridades, presenta un espectáculo incríble, cheo de forza e sensibilidade .
Zuco 103 Holanda-Brasil

A continuación na Praza da Quintana
Entrada Libre
A súa música é unha fusión extraordinaria entre o denominado tropicalísmo, a música electrónica europea cunha dose do canguelo e do jazz americanos que colocan ao grupo na vangarda da nova escea brasileira da música.
Zuco 103 RealPlayer Streaming
Web

RealPlayer Streaming Carlos Nuñez
Web
Ampliar
Carlos Nuñez Galicia

22:30 Praza da Quintana
10 Euros
Carlos Núñez é o noso gaiteiro máis internacional. Considerado entre os primeiros do mundo, alcanzou un nivel de virtuosismo e perfección interpretativa que ata él era exclusivo de irlandeses ou escoceses.