|
Despois dun primero
album "Palabras darei", lanzado en Xaneiro de 2000 e de
multitude de concertos en Bélxica e noutros países europeos
así coma en Taiwan -onde o grupo participou no Festival
de World Music en Outubro de 2001- IALMA volve agora co
seu novo traballo: marmuladas. Nel destacan a frescura
vocal cunha musicalidade incrementada no que se misturan
as influencias dos seus antergos galegos e as influencias
valonas e flamencas da cultura belga, dando como resultado
un incríble son denominado "WorldMusic".
|