Blasted Mechanism 15 de Agosto en Pontevedra
A máxica nave espacial dos Blasted Mechanism volta entre nós. Os portugueses, avalados polo Globo de Oro ao mellor grupo do ano naquel pais e polo éxito obtenido tralo seu paso por I-POP (La 2 de TVE), teñen previsto amosarnos de novo un anaco do seu peculiar universo musical: toda unha experienza para os sentidos.

Será o día 15 de agosto en Pontevedra. E non será o derradeiro “contacto”: esperan coñecer tamén outras terras e xa é segura a súa participación no Festival Espantapitas (Almería) nos primeiros días de setembro.
Máis información en www.blastedmechanism.com




