Sumario
2002 · 2003 · 2004 · 2005 · 2006...
Estadísticas Nordesía. Solicitude de Contratación.

Eterno Navegar, novo disco de Uxía

Publicado por Nordesía Produccións o 30 de Abril de 2008 Enviar isto

Eterno Navegar

Este coidado disco gravado nos estudios Vale de Lobos, en Sintra (Lisboa) é o resultado de quen navega ao sabor das ondas dun mar que aproxima e une correntes. Partindo da tradición e das atmosferas do seu lugar de orixe, Galiza, Uxía reinventa e personaliza os sons que a relacionan con países como Portugal, Brasil ou Cabo Verde.www.uxia.net

Uxía presenta o seu novo disco en Sons da Diversidade

Publicado por Nordesía Produccións o 7 de Marzo de 2008 Enviar isto

Eterno navegar

Sons da Diversidade proponnos un concerto moi especial. O próximo 15 de Marzo, Uxía presentará a súa nova banda e ofreceranos en primicia o seu novo disco, Eterno navegar. Un traballo no que a música non é a única protagonista, a poesía, a fotografía e outras linguaxes de expresión artística tamén deixan a súa pegada neste disco.uxia-11web.jpg

Durante esta actuación, Uxía estará acompañada por unha magnífica banda e polo excelente músico das Illas Azores, Paulo Borges. Eterno Navegar é o traballo musical de quen navega ao sabor das ondas dun mar que aproxima e une correntes. Partindo da tradición e das atmósferas do seu lugar de orixe, Galicia, a súa voz percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. Unha experiencia única na que o fado, o alalá e a morna fúndense para destilar un novo perfume.

Vémonos a bordo.
capa1uxia-intro_web.jpg

A voz do Atlántico
Uxía ofrece a súa voz como instrumento que non minte, e desembarca en portos de esperanza, amor e desamor, compromiso, tenrura e alegría, nunha síntese de su inquedanza vital.

uxiaweb.jpgA emoción e a experimentación musical son dúas constantes na súa vida. O contacto e aprendizaxe doutras culturas marcan toda a súa traxectoria de máis de vinte anos. Galicia e a súa inmensa riqueza artística, as súas voces femininas e a súa poesía acompáñana no seu traballo desde a ra raíz.

A súa pasión pola mestizaxe logra unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons… é un imán para o talento e así o demostra nos seus múltiples proxectos entre os que podemos destacar a dirección artística do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, un espectáculo concebido como punto de encontro de artistas da área lusófona na que o escenario se transforma nunha festa multicultural coas mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, etc. Nas súas composicións recolle a esencia de todas esas experiencias que a teñen levado a un contacto permanente con xentes e artistas de culturas afíns, o que deriva nun son plural, íntimo, cálido e fresco no que se recoñece a artista.sons-08.jpg

15 de Marzo | 21.00 h
AUDITORIO DE GALICIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Entrada: 15 € | Estudiantes e jubilados: 7,50 €

Maria de Medeiros abre a programación do ciclo Con Voz Propia 2008

Publicado por Nordesía Produccións o 6 de Marzo de 2008 Enviar isto

A actriz portuguesa Maria de Medeiros cantou moito na súa carreira profesional grazas aos seus filmes, pero é agora cando debuta na industria musical editando o seu primeiro disco A Little more blue, onde  homenaxea os creadores da bossa nova e da samba . Este título provén dunha das cancións compostas no exilio por Caetano Veloso, que se relaciona co espírito de viaxe que propón a actriz neste disco, a través dun repertorio íntimo e fundamental.

mariademedeiros_web.jpg 
Acompañada por un trío de piano, contrabaixo e percusión, María fai gala das súas dotes interpretativas ao intercalar nas súas cancións portuguesas, actuacións nas que se mezcla a exquiditez musical co mellor do seu talento teatral.
Anticipada 10 euros | Taquilla 12 euros

Con Voz Propia
Xa van cinco anos desde a primeira edición do Ciclo Con Voz Propia. Polo escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra pasou un grande elenco de artistas consagrados, artistas con maiúsculas. Xente do seu tempo cunha preocupación por acadar novas estéticas e transformar a linguaxe no máis amplo senso da palabra.
Nesta edición, Con Voz Propia continúa a apostar por aquelas voces propias e singulares que, partindo das súas raíces, voan moi alto ata cruzar fronteiras. Voces irrepetíbeis, únicas, voces Con Voz Propia.

Programa 2008
Maria de Medeiros: Pazo da Cultura de Pontevedra, 8 de Marzo
Marlando: Pazo da Cultura de Pontevedra, 5 de Abril
Seu Jorge: Pazo da Cultura de Pontevedra, 10 de Maio
Coco Rosie: Pazo da Cultura de Pontevedra, 25 de Maio
Andrés Calamaro: Recinto Feiral de Pontevedra, 7 de Xuño
Venda de entradas en www.caixanova.es, no 902 504 500, no Teatro Principal, o mesmo día do concerto e na taquilla do Pazo da Cultura, hora e media antes do concerto.

Seguinte páxina »