| ¿Pode unha soa canción
conter a esencia dun artista? ¿Pode un poema converter a un
guitarrista nun instrumento de percusión? Con Quero
ser tambor, NARF
desprega toda a súa forza musical para rebentar silencios e
transformarse el mesmo en berro, percusión. Desde xa o corazón
do tambor comeza a latexar con intensidade.
NARF atopou no poema asinado en 1959
polo escritor moçambicano José Craveirinha -premio
Camoes e referencia central da literatura en lingua portuguesa-
unha mensaxe que precisaba para sí mesmo. Converterse en
tambor a través dos versos do poeta; por riba de todo ser
tambor para comunicarse e esconxurar medos e escuridades.
Co single Quero ser Tambor, o músico
Fran Pérez adianta o que serán o seu novo traballo
e os seus novos temas o vindeiro ano no seo do proxecto NARF. O
single, gravado no pasado mes de setembro de 2005 cunha banda eléctrica,
reflexa cara onde van as pescudas deste músico que investiga
ritmos e sonoridades. Cun estilo propio, o pop de Fran Pérez
condúcese por camiños tropicais, cálidos, de
ecos africanos e palabras contundentes.
Como xa ven sendo marca do artista, con Quero
ser Tambor Fran Pérez leva a cabo un dos seus exercicios
favoritos: apaixoarse cun texto até dar coa música
que convirte a palabra en canción. Desta vez, a paixón
levouno a el a convertirse nun tambor.
Ti tamén podes ser tambor baixándote
o novo single de NARF.
|