|
A
brasileira Renata Rosa pasa máis tempo ultimamente en Europa
que no seu país de orixe. Máis de cincuenta concertos
ao longo deste ano 2005 xustifican a sua presencia no noso continente.
Significativos son o éxito e a repercusión no mercado
francés, cuio público ten contribuído especialmente
a convertila na sorpresa da música brasileira.
No seu traballo discográfico Zunido da Mata, a artista fusiona
as tradicións do nordeste do Brasil ate obter un resultado
abraiante de percusión, voces e danzas. Renata Rosa propón
unha viaxe a través do mundo de Caboclos, os indios nativos
e os africanos de Brasil. Nacida en Sao Paulo, compón a súa
música inspirándose no Maracatu rural, o Côco
e o Cavalo Marinho, entre outros ritmos. Xa desde a adolescencia
entaría en contacto coas pequenas vilas que se atopan no
nacemento do Rio Sao Francisco, no estado de Pernambuco. Alí
descubre o côco, canción de preguntas e respostas ou
o toré, un tipo de polifonía inspitada nos indios.
A voz de Renata Rosa comezou a perfilarse como un potente instrumento
e o estudio do canto feminino tornouse na súa paixón.
O seu entusiasmo non abrangué só as músicas
do Brasil, senón outras músicas do mundo, como a árabe
ou a hindú. A enerxía que desprende o seu canto, é
unha consecuencia da danza e da forza dos instrumentos de percusión
combinados cos artistas. En todas as súas cancións
acompáñase dunha "rabeca" (violin tradicional
brasileiro que ela mesma toca), o cavaco, a bandola, percusións
e baixo.
O sabor de África está presente na música
desta muller, que non parou de dar concertos nos últimos
tres anos. Está claro que Renata Rosa é unha artista
no camiño de conquistar grandes audiencias sen distinción
de orixes e nacionalidades como amosa o seu éxito europeo.
|