|
A
voz de Dulce Pontes non coñece fronteiras. Rock, fado ou
música africana teñen adquirido trazos singulares
na voz desta artista. Nacida en Montijo (Portugal) no ano 1969,
desde hai máis dunha década Dulce Pontes percorre
os escenarios de todo o mundo mergullándose nas raíces
da música portuguesa. Co seu último espectaculo "Por
dentro do Fado" fíxose merecedora do Premio Tenco, concedido
en Italia e que anteriormente xa recibiran artistas como Caetano
Veloso, Jacques Brel, Ute Lemper ou Tom Waits.
Comezou cantando en anuncios publicitarios pero axiña amosou
que era moito máis que un reclamo para vender. No ano 1991
representa a Portugal en Eurovisión. Desde aquel momento,
comeza a traballar no fado, sendo a súa contribución
fundamental na reivención do mesmo. En 1992 publica Lusitanz
a posteriormente chegaría Lágrimas. Seguen o doble
album en directo A Brisa do Coraçao (1995) e Caminhos (1996).
Realiza colaboracións con Andrea Bocelli ou Caetano Veloso,
publica O Primeiro Canto con colaboracións como a do percusionista
hindú Trilok Gurtu, o saxofonista Wayne Shorter, a cantante
María Joao ou o acordeonista Kepa Junkera.
No ano 2003 sorprende coas interpretacións de temas do gran
compositor Ennio Morricone, que intervén na gravacion de
Focus Morricone & Dulce Pontes. Xa cun prestixio e repercusión
internacionais que a convirten nunha voz universal, Dulce Pontes
retorna, a partir de 2004, co espectaculo Por dentro do fado ao
xénero co que triunfou e avanza o que será o seu próximo
disco, cuia publicación está prevista para o 2006.
|