Pat
Metheny naceu en Kansas City o 12 de agosto de 1954 nunha familia
vencellada coa música. Comezou coa trompeta cando tiña
8 anos e namorouse da guitarra a partir dos 12. Con 15 anos, xa colaboraba
con regularidade cos mellores músicos de jazz de Kansas City,
conseguindo unha experiencia inusual á súa idade. Metheny
irrumpe na escena internacional do jazz, no ano 1974. Xa desenvolve
o seu particular estilo no tempo no que acompaña ao mestre
do vibráfono Gary Burton. Co seu primeiro disco Bright
Size Life (1975), reinventa o tradicional son da guitarra
de jazz para unha nova xeración de intépretes. Ao longo
da sua carreira, Pat Metheny ten continuado redefinindo o xénero
utilizando as novas tecnoloxías e traballando constantemente
para mellorar o potencial do seu instrumento.
A versatilidade de Metheny amósase
na sua habilidade con calquera instrumento. Ao longo dos anos, el
ten colaborado con artistas tan diversos como Steve
Reich, Ornette Coleman,
Herbie Hancock, Jim
Hall, Milton Nascimento
ou David Bowie. Con Lile
Mays forma un equipo de composición desde hai
máis de vinte anos -unha asociación que ten sido comparada
coa de Lennon/McCartney e Ellington/Strayhorn pola critica e os
ointes. O Traballo de Metheny inclue composicións para guitarra,
pequenas formacións, instrumentos electricos e acústicos,
grandes orquestras, e pezas de ballet, con arreglos que van desde
o jazz moderno ao rock pasando pola música clásica.
Ao tratarse dun músico tan completo,
Pat Metheny tamén ten experiencia no terreo académico
xa que impartiu clases de música. Aos 18 anos, converteuse
no profesor máis novo na historia da Universidade de Miami.
Aos 19 anos, foi o profesor máis novo do Berklee College
of Music, onde recebeu un doutorado honoris causa vinte anos máis
tarde. Tamén impartiu talleres de música por todo
o mundo: o Real Conservatorio Holandés, o Instituto de Jazz
Thelonius Monk, clinicas de Asia e Latinoamérica, etc. Ademais
ten sido un pioneiro no campo da música electrónica,
e foi un dos primeiros músicos de jazz en considerar o sintetizador
como un instrumento musical de primeira orde. Participa ademais
no desenvolvemento de novos tipos de guitarra como a guitarra acústica
soprano, a guitarra Pikasso de 42 cordas, etc.
Metheny ten obtido incontables recoñecemento
como o de "Mellor Guitarrista de Jazz"
e premios, incluidos tres discos de ouro e quince grammys en diferentes
categorías. O Pat Metheny Group conseguiu algo sen precedentes:
sete Grammys consecutivos por sete
albums seguidos. Metheny ten pasado a maior parte da súa
vida de xira, cunha cantidade de concertos anuais que abala entre
120 e os 240, desde o ano 1974. Continua a ser unhas das estrelas
máis brillantes da comunidade jazz, adicando tempo aos seus
proprios proxectos e axudando a artistas emerxentes e veteranos
a atopar as súas visións artísticas.
www.patmethenygroup.com
|
PAT
METHENY GROUP
Forman o grupo: Pat Metheny, Lyle Mays, Steve
Rodby, Cuong Vu, Antonio Sánchez, Gregóire Maret e
Nando Lauria.
LYLE
MAYS
Lyle Mays ten sido parte fundamental do Pat Metheny Group desde
o seu comezo no ano 1977 e ten escrito moita da música que
os ten feito merecedores de tantos premios. O sentido da melodía
e o virtuosismo de Lyle Mays ten distinguido o sonido do grupo.
A música foi sempre unha parte fundamental na sua vida. Nacido
no ano 1953 nunha familia de músicos en Wausaukee, Wisconsin,
sempre se animou a explorar novas formas de expresión. De
adolescente, Lyle asisitiu a talleres de jazz de verán e
estudiou con talentos como Rich Matteson e Marian McPartland. Durante
a sua aparición no ano 1975 Wichita Jazz Festival, Lyle coñeceu
a un guitarrista de vinte anos chamado Pat Metheny. Lyle trasladouse
a Boston en 1977, e os dous formaron unha alianza musical que se
ten revelado como das máis exitosos nas últimas dúas
decadas. Ademais dos nove grammys dentro do Pat Metheny Group, Lyle
Mays foi nominado catro veces polo seu propio traballo.
STEVE
RODBY
O baixista Steve Rodby naceu en 1954 en Joliet, Illinois. Axiña
desenvolveu un grande interese polo jazz e a música pop.
Estudiou con Warren Benfield (da Orquestra Sinfónica de Chicago)
e ten colaborado cos máis grandes do mundo do jazz. Durante
os máis de vintedous anos que leva integrado no Pat Metheny
Group, Steve Rodby tamén ten dirixido orquestra, gravado
con outros artistas e exercido de produtor. O seu máis recente
traballo nesa faceta inclue "Oregon in Moscow", que foi
nominado para 4 Grammys.
CUONG
VU
Está considerado como un dos lideres dunha nova xeración
de músicos innovadores. Recentemente foi mencionado como
un dos 50 novos mestres do jazz pola revista británica Classic
CD. Desde que vive en Nova York, a sua actividade dividese en numerosas
iniciativas e grupos como Scratcher, Vu-tet e the Cuong Vu Trio.
Empezou a tocar a trompeta aos once anos, cinco anos despois de
emigrar a Seattle desde Vietnam. Ten gravado e colaborado con artistas
como David Bowie, Laurie Anderson, Mitchell Froom ou Holly Palmer.
ANTONIO
SÁNCHEZ
Naceu en México D.F, no ano 1971. Descubriu aos cinco anos
unha irresistible atracción cara a batería. No ano
1993, despois de anos de estudio en escolas mexicanas, ingresa no
Berklee College en Boston, onde ten a oportunidade de afondar nos
arranxos de jazz, improvisación, composición e harmonía.
Pat Metheny ofreceulle o posto de batería no seu grupo tras
coincidir con el nunha serie de concertos europeos. Antonio Sánchez
ten impartido clases en Europa, Xapón, America do Norte e
do Sur. Ademais de formar parte do PMG e do trio acústico
xunto ao propio Pat Meteheny e Christian McBride, ten colaborado
e grabado con numerosos artistas como Charlie Haden, Dave Samuels
e Dee Dee Bridgewater, entre outros.
GRÉGOIRE
MARET
Nacido en Xenebra de pai suizo e nai americana, comezou a sua carreira
musical como intérprete de harmónica aos 17 anos.
Ten compartido escenario con Reggie Workman, Charles Tolliver, Duke
Ellington Orquestra ou Pete la Roca, entre outros. No ano 2003,
gravou con Charlie Hunter e Cassandra Wilson. Posteriormente Gregoire
unise ao Pat Metheny Group.
NANDO
LAURIA
Este guitarrista naceu no ano 1960 en Recife (Brasil). Trátase
dun músico autodidacta que, como outros moitos brasileiros,
aprendeu a tocar a guitarra de ouvido. Co descubrimento de artistas
como Milton Nascimento ou Djavan, Nando Lauria transformou a visión
da música do seu país. Creou o seu primeiro grupo
profesional no ano 1978 e nos primeiros oitenta trasladouse ao Berklee
College of Music e a finais do ano 1988 únese ao Pat Metheny
Group nunha serie de concertos. Iso impulsa a súa carreira
en solitario até que recentemente convértese en membro
do grupo.
|