MIQUEL GIL

É o referente máis importante do panorama do folk actual catalán. Miquel Gil conseguiu algo tan difícil como aunar a público e crítica ó redor da sua visceral proposta. Unha viaxe sonora, aberta, aromática onde a súa voz se abre ás terras, ás xentes e ós mares dese mundo imaxinario que transita e se palpa dende as augas e as costas do mediterráneo.

Só dous discos bastaron: "Organic" e "Katá".

Prospeccións arqueolóxicas da terra, gusto de sabores naturais, orego… A Mundo Café traerá algunhas das súas cancións máis emblemáticas.

Un concerto co aire e o ritmo da festa que nos chega do sur, mesturado coas melodías que nos deixaron os do leste e os do norte, impregnado da brisa do mediterráneo.

Co último disco Orgánic, a Miquel Gil concedéronlle os seguintes premios:

    · Premio Altaveu, St Boi de Llobregat, 2002
    · Premio Puig-Porret do Mercat de Música de Vic 2002
    · Premio ó millor disco catalán do ano, Enderrock, 2002
    · Premio ó millor disco de folk, Enderrock, 2002
    · Premio ARC - Asoc. de Representantes de Catalunya

Co seu novo traballo Katá, Miquel Gil foi galardoado con:

    · Premio Puig-Porret del Mercat de Música de Vic 2004