|
The
James Taylor Quartet directo en Santiago
|
Sala Capitol,
Xoves 21 de abril, 22:00 h.
Entradas: 15 euros anticipada en Discos Gong
e Casa das Crechas (Santiago de Compostela), Honky Tonk (Vigo) e Noni
Shop (A Coruña). 18 euros (taquilla) |
A
cultura de clube e a explosión do órgano Hammond chegan
a Santiago de Compostela. O vindeiro
xoves 21 de abril ás 22:00 The James Taylor
Quartet convertirá a Sala Capitol
nunha desenfreada pista de baile. O cerne do directo: o seu último
disco, The Oscillator. As entradas do
concerto, organizado por Nordesía Produccións, custan
15 euros anticipada, e 18 en taquilla e pódense mercar en Santiago,
Vigo e A Coruña.
Para entender a música de clube británica
con raiz negra é imprescindible con esta formación:
The James Taylor Quartet. Xa van alá
dezaoito anos desde o primeiro traballo desta formación, un
EP titulado Mission Impossible, no que sentaban as bases da súa
traxectoria posterior. Explosión funk, acid jazz e groove máis
alá dos circuitos especializados. The James
Taylor Quartet fíxose merecedor axiña dun
enorme prestixio no seu directo.
Ex integrante do grupo post punk The Prisoners,
referente na escena mod e impulsor do acid jazz, James
Taylor consagrouse ao hammond a primeira vez que o escoitou.
Tanto foi así que a marca converteuse en patrocinadora para
pagar así a fidelidade do músico ao modelo B3.
Contemporaneidade e revival danse a man na música
de The James Taylor Quartet, cuio último
disco titúlase The Oscillator. "Ainda que levo anos facendo
discos, esta é a primeira vez que conscientemente observei
o que fago, e conseguín plasmar o son que oio na miña
cabeza. Máis que usar o leslie cabinet (efecto do órgano
Hammond), puxen o Hammond a través dun pequeno amplificador,
rebervereino e obtiven unha revelación -soaba distorsionado,
saturado, incriblemente intenso, absolutamente o que quería".
The Oscillator espalla un amplo abano de influencias
musicais. Esencia de The James Taylor Quartet
no que para algúns é o uso e abuso máis grande
do hammond que se poda escoitar. Se alguén calificou algunha
vez a este músico de "retro", a el semella non molestarlle.
"A primeira vez que toquei o Hammond xa dixeron que estaba pasado
de moda, pero a historia da música e da arte sempre se baseou
en achádegos anteriores".
Nos últimos anos James
Taylor ten colaborado con músicos como U2 e Manic
Street Preachers, participado no album Reload co que Tom Jones se
mergullou nas pistas de baile e participado na banda sonora da película
Austin Powers. O seu gusto pola grande pantalla xa se reflexou no
primeiro traballo de The James Taylor Quartet,
no que recreaban bandas sonoras de series de cine e TV como Starsky
e Hutch, Mrs. Robinson, Harry O Suxo ou Misión Imposible.
Música de baile e explosión funk
para unha formación que sobre a base do revival ofrece un traballo
contemporáneo que atrapa cada vez a máis público. |
DISCOGRAFÍA:
THE OSCILLATOR (2003)
ROOM AT THE TOP (2002)
A BIGGER PICTURE (1999)
PENTHOUSE SUITE (1999)
THE BEST OF ACID JAZZ YEARS (1999)
WHOLE LOTTA LIVE 1998 (1998)
SCORED 1-0 (1996)
A FEW USEFUL TIPS ABOUT LIVING UNDERGROUND (1996)
IN THE HAND OF INEVITABLE (1995)
THE BBC SESSIONS (1995)
SUPERNATURAL FEELING (1991)
ABSOLUTE JTQ LIVE (1991)
DO YOUR OWN THING (1990)
GET ORGANIZED (1989)
WAIT A MINUTE (1988)
MISSION IMPOSSIBLE (1987)
THE MONEY SPIDER (1987)
|
|