Ao Pé da Letra Un espectáculo na boca da realidade
 

II Edición Ciclo "Con Voz Propia 2005"
Auditorio do Pazo da Cultura :: Pontevedra :: 21:00 horas
Venres 18 de novembro 2005

Venda de entradas en www.caixagalicia.es e no 902434443
Entradas: anticipada 6,00 € taquilla 8,00 €
Organiza: Pazo da Cultura e Concello de Pontevedra
Patrocina: Fundación CaixaGalicia

O espectáculo Ao Pé da Letra reune aos artistas e proxectos máis innovadores do panorama musical galego. O denominador común: poñer a palabra no centro das súas creacións.

Hip hop, música electronica, pop, rock, folk, etc danse cita en Ao Pé da Letra, un espectáculo de Nordesía Produccións. Os artistas que conforman esta tribu son:

 

Marful
A música popular urbana. Unha cita para os elementos de raiz e contemporáneos,para a tradición americana e europea. Unha viaxe a unha belle epoque marcada pola ironía. A voz de Ugia Pedreira xunto ao bo facer de Pedro Pascual, Pablo Alonso e Marcos Teira. [+ info]

Narf
Narf é unha síntese das aventuras de Fran Pérez no mundo da música. Fonética e poética. Acústica e rock. Evocación e actualidade. Xunto a Fran Pérez, o sabor da guitarra de Marcos Teira e a ensoñación do vibráfono de Pepe Sendón. [+ info]

Non Residentz
Dous pratos, dous micros e tres cabezas preparadas para
fuxir dos sons machacóns. Rimas sobre pensamentos e sentimentos que construen novas historias e conceptos. [+ info]

Guadi Galego
A voz e a guitarra de Berrogüetto únense sobre o escenario para crear un novo proxecto. Talento ao servizo dunha música e dunha tradición íntima.
Ritmos e palabras para unha mensaxe espida e contemporánea.

Safari Orquestra
Kamikazes musicais creando un collage de sons orixinal e impactante. Emilio Rodríguez e Xermán Viluba atopáronse hai dous anos con
Arturo Vaquero e emprenderon un camiño que mestura electrónica e housejazz. A ciencia do ruído.

Xabier Díaz
Músicas de salitre. Este proxecto é o resultado do encontro musical de dous homes, unha voz do norte (Xabier Diaz) e un guitarrista do sul (Guillermo Fernández). Un poemario sonoro, un feixe de salgadas cancións musicadas entre ambolos dous, sobre textos de Xabier e outros autores galegos. Un traballo que formará parte da música popular galega do século XXI.

Dj Two Faces
O mestre de cerimonias comezou a súa andaina musical pinchando nos clubes de Londres. Chegou á península hai xa anos co afamado grupo US3 e aquí quedou. Ritmos e palabras son as súas armas.
DJ Keison é a súa identidade habitual.


Todos eles comparten a vontade de dicir e situar a sua voz nun primeiro plano.

Dirección Artística & Guión: Carlos Santiago e Ugia Pedreira
Dirección Musical: Guillermo Fernández e Pedro Pascual
Mestre de Cerimonias: DJ Two Faces

Tema musical "Ao Pé da Letra":
Carlos Santiago, Guillermo Fernandez, Pedro Pascual e Ugia Pedreira

 
Edicións anteriores:

Ao Pé da Letra subiu ao escenario xa noutras cidades galegas: Santiago de Compostela (Auditorio de Galicia), Vigo (Centro Cultural Caixanova) e Coruña (Teatro Rosalia de Castro) colleitando un enorme éxito entre o público. Un trinque de singularidades artísticas. Unha conxura de voces única na escena musical de Galicia.
 
 
        Marful
        Narf
        Non Residentz
        Guadi Galego
        Xabier Díaz + Guillermo Fernández
        Safari Orquesta