 |
 |
| |
|
Ao Pé da
Letra Un espectáculo na boca da realidade
|
Preséntase en Vigo o xoves 16 de decembro tendo a
Jorge Drexler
como artista convidado
Centro Cultural Caixanova :: VIGO
:: 20:30 horas
Retirada de invitacións: Vicerreitoría de
Extensión Universitaria
Universidade de Vigo
|
| |
"Ao pé da letra" é
un punto de encontro de varios artistas e proxectos
musicais galegos que queren tomar a palabra. Procedentes
de universos e premisas musicais diferentes, todos
comparten a vontade de dicir e de situar a voz no
centro das súas creacións musicais.
Tal vez iso é todo o que teñen en común,
e aínda así conforman unha curiosa tribo:
a tribo dos que queren abrir a boca na escena musical
galega. Versos a boca de xerro e bocas con vontade
de sacar a lingua a primeiro plano.
"Ao pé de letra" explora as
alturas e profundidades da linguaxe no territorio
da música popular contemporánea. O café
cantante de Marful, o rock intimista e experimental
de Narf, o pop de sabores tropicais de Xavier Díaz,
o rap suave e contundente de Safari Orquestra, a melodía
postradicional de Guadi Galego, ou o hip hop existencial
e irónico de Non Residentz, exploran novos
camiños de expresión musical do século
XXI. Unha conxura de voces nun escenario común
que se presenta en Vigo con Jorge Drexler como artista
convidado.
|
|
| |
Artistas:
Marful
Unha cita para os elementos de raiz e contemporáneos.
Para a
tradición americana e europea. Unha viaxe a
unha belle epoque marcada pola ironía. A voz
de Ugia Pedreira xunto ao bo facer de Pedro Pascual,
Pablo Alonso e Marcos Teira. [+
info]
Narf
Narf é unha síntese das aventuras de
Fran Pérez no mundo da música.
Fonética e poética. Acústica
e rock. Evocación e actualidade. Xunto a Fran
Pérez, o sabor da guitarra de Marcos Teira
e a ensoñación do vibráfono de
Pepe Sendón. [+
info]
Non Residentz
Dous pratos, dous micros e tres cabezas preparadas
para
fuxir dos sons machacóns. Rimas sobre pensamentos
e sentimentos que construen novas historias e conceptos.
[+
info]
Guadi Galego e Guillermo
Fernández
A voz e a guitarra de Berrogüetto únense
sobre o escenario para crear un novo proxecto. Talento
ao servizo dunha música e dunha tradición
íntima.
Ritmos e palabras para unha mensaxe espida e contemporánea.
Safari Orquestra
Kamikazes musicais creando un collage de sons orixinal
e impactante. Emilio Rodríguez e Xermán
Viluba atopáronse hai dous anos con
Arturo Vaquero e emprenderon un camiño que
mestura electrónica e housejazz. A ciencia
do ruído.
Xabier Díaz
Toma o pouso da música tradicional para levalo
ao seu rego
creativo. Coas súas músicas de salitre
amosa a contemporaneidade da
tradición. Unha voz intimista para cancións
feitas de corazón. Palabras
salgadas con tenrura.
Dj Two Faces
O mestre de cerimonias comezou a súa andaina
musical
pinchando nos clubes de Londres. Chegou á península
hai xa anos co afamado grupo US3 e aquí quedou.
Ritmos e palabras son as súas armas. DJ Keison
é a súa identidade habitual.
Artista convidado
Jorge Drexler
Fala e escribe música sen parar. Ten letras
para si mesmo e para prestar a outros como Ketama,
Alba Molina, Rosario Flores ou Adriana Varela. Naceu
en Uruguai e, ainda que vive en Madrid, non deixa
continuamente de voltar aló, onde, ademais,
acadou xa un disco de ouro. Elegante e inquedo, procede
dun mundo de mesturas onde a palabra, a guitarra eléctrica
e os ordenadores dan como resultado composicións
tan agudas como seductoras. [+
info]
Dirección Artística & Guión:
Carlos Santiago e Ugia Pedreira
Dirección Musical: Guillermo Fernández
e Pedro Pascual
Mestre de Cerimonias: DJ Two Faces
Tema musical "Ao Pé da Letra":
Carlos Santiago, Guillermo Fernandez,
Pedro Pascual e Ugia Pedreira
|
|
|
| |
|
|
|
Marful
|
|
|
|
Narf
|
|
|
|
Non
Residentz
|
|
|
|
Guadi
Galego
|
|
|
|
Xabier
Díaz + Guillermo Fernández
|
|
|
|
Safari
Orquesta
|
| |
|
|
|
Jorge
Drexler
|
|