|
Deambulants.
Cataluña. Danza aérea
con espectáculos aéreos nos que confluen artistas
que levan anos de investigación nas suas diferentes parcelas
artísticas e que, integrados en Deambulants, crean un xénero
novo na península. Abraian ao público de todos os
eventos nos que teñen participado. Pendúranse nas
alturas creando coreografías e escenografías arriscadas
e sorprendentes transmitindo a quen os observa unha sensación
que abala entre o vértigo e a harmonía.
www.deambulants.net
|
Performances,
animación e videocriación
Cor. Movemento. Imaxinación. Diferentes
artistas convertirán o Multiusos do Sar nun espacio onírico.
Soños reais da man de Stress, expertos en levar o
glamour aos clubes e grandes eventos. Diversión baseada no
seu particular estilo de crear personaxes e atmósferas nocturnas.
A constante percura da expresión artística motiva
as performances de Pablo Méndez, evolución
continua impregnada de calor, dinamismo e forza. Estética
pura para comunicarse co público. O imaxinario de Nuits
Blanches nútrese de terra e ar, de imaxinación
e realidade. Estes saltimbanquis poden estar aquí e acolá
espertando a fantasía en todos os recunchos. As videocreacións
de Sr. Pause, colectivo centrado na composición visual,
son un elemento fundamental para redondear a escenografía
lúdica e fantástica do FesTribal 04.
|