Dissidenten. Alemania. Conforman un deses grupos sempre na vangarda abrindo vias de colaboración con artistas de todo o planeta. Convertíronse en sinónimo de world music e denominados profetas da internet. No século XXI viven a transición á música de clube e deixan que as súas composicións sexan manipuladas e transformadas. DJs de todo o mundo acuden aos temas míticos de Dissidenten como Fata Morgana e Inshallah amosando a actualidade da música do grupo alemán. O seu último traballo dissidenten remix.ed 2.0: a new world odyssey volta de novo a sorprender ao público ofrecendo novas perspectivas para a música dance, house e ambient.


Elbicho. Alicante-Madrid. En directo somos palabra, din os membros deste grupo formado en Madrid -entre alicantinos e madrileños- hai dous anos. O seu é flamenco alegre e bailable. Durante estes dous anos, e poderiase dicir que a través do sistema de boca a boca, a sua fama enriba do escenario foi medrando ata, non só conseguir gravar un disco de mesmo nome co grupo, senón compartindo escenario con artistas como Raimundo Amador. O seu repertorio abrangue tangos, rumbas, bulerías, etc. Antes de que as discográficas se fixaran neles, xa enchían salas e o público coreaba as súas cancións.


[+ info]

Xosé Manuel Budiño + artistas convidados. Galicia. Co seu terceiro disco "Zume de Terra", no que o músico de Moaña asumiu o proceso creativo e de produccion na sua totalidade amósase a teima de Budiño á hora de rachar as fronteiras dun instrumento primitivo como é a gaita. Para este espectáculo o músico conta cuns convidados especiais: Mercedes Peón, pandereteira, cantareira e etnógrafa musical. Unha das artistas con maior carisma e proxección internacional cos discos Isué e Ajrú no seu haber, ademais dunha inxente laboura de recollida e investigación da musica tradicional galega. Comparte con Budiño a paixón por anovar e experimentar partindo dos sons tradicionais.
Ademais dela, comparten escenario con Budiño, Johny Kalcy, percusionista clave do Afro Celt Sound System e lider do proxecto Dhol Foundation, no que incorpora o bhangra, dance e electronica alimentando a enerxia dos clubes urbanos, e Michael McGoldrick, nome clave na denominada musica celta, nacido en Manchester de orixe irlandes, esta considerado un renovador dos sons tradicionais achegándoos ao jazz ou ao trance. Cunha exitosa carreita como frautista en solitario, é convidado a unirse aos escoceses Capercaillie no ano 1997.

www.xosemanuelbudino.com



[+ info]

Kussondulola. Angola. Reggae en portugués sentido co corazón, cun enorme éxito de público e unha morea de fans incondicionais. Dançan no Huambo, Perigosa e Nos somos rastaman son alguns dos grandes éxitos deste grupo que soan habitualmente nas emisoras de radio. Din que a súa historia comeza hai moito tempo, lonxe de aquí, cando a muller dun xefe tribal ten que partir do seu territorio en guerra para parir nalgun lugar en paz. Ese neno chamarase Kussondulola. Pero a sua historia como colectivo musical comeza hai case unha decada cun disco de grande repercusion titulado Ta-se bem. A partir de aí, xiran por toda Europa e emprenden colaboracións en vivo con UB40. Janelo da Costa, angolano en Portugal, é o lider deste grupo e di que o reggae é máis que música. O reggae é amor.

www.kussondulola.com



Cheikha Rimitti. Alxeria. Considerada a figura fundamental do rai. Leva cantando sesenta anos, desde que tiña 16. As suas letras falan de migracion, sexo, violencia de xenero, etc. Tanto se acompaña dunha banda de instrumentos tradicionais como electrificados, carcateristica do rai. Precisamente foi a explosion deste movemento musical entre a mocidade arxelina a que puxo de novo a esta muller, que comezou cantando de taberna en taberna, no lugar que lle correspondia. No ano 1993, cando estaba pensando en retirarse, grava un disco en Estados Unidos xunto a musicos como Flea, de Red Hot Chili Peppers, ou East Ray Bay, do mitico grupo punk Dead Kennedys. Modernidade e vitalidade son as caracteristicas do seu ultimo disco Nouar.