|
Convertir
o multiusos
do Sar nun escenario único para ritmos e artistas de
todo o planeta é o obxectivo do
FesTribal 04.
Transformar o espazo nun territorio imaxinado que nos conduza por
diferentes xeografías e, ao mesmo tempo, nun enorme salón
de baile do século XXI. Coa inspiración no concepto
de rave, -unha festa para os ouvidos pero tamén para o resto
dos sentidos-, xurde a proposta de FesTribal.
O FesTribal 04 é
un punto de encontro entre propostas musicais de diferentes procedencias.
Tamén é un punto de confluencia para públicos
diversos, interesados na musica que racha fronteiras xeográficas
e que promove a creacion dun bo ambiente. Trátase, en definitiva,
dunha aposta por propostas anovadoras e rupturistas. Os artistas
que encaixan nesta festa dos ritmos globais teñen en comun
ter desafiado o canon musical para lanzarse sen medos á mestura.
Descubrindo novos sons ou traendo ao novo século ritmos étnicos
(orientais, africanos, etc), e incorporando á tecnoloxía
ao seu traballo artístico. Amosando co que mellor saben facer,
a sua música, que a mestura exerce un grande poder de atracción
sobre o público. Que todos e todas xa estamos mesturados.
|