|
Gospel
Soul. A súa mensaxe de paz, tolerancia e amor
preside o ambente festivo dos seus concertos nos que interpretan
Negro Spirituals & Goslpels tan coñecidos como Swing
Low Sweet Chariot, Down by the Riverside ou Oh Happy Day e composicións
actuais con ritmos modernos e festivos con traballadas harmonías.
Trátase dun cuarteto con piano formado por tres voces femeninas:
a soprano Taïra Chanol, orixinaria da Guyana, Rachel Ratsizafy,
de Madagascar, e Emma Lamadji, de Centroáfrica, e o barítono
Joël Rhino, orixinario de Martinica. Ao piano contan con Rachid
Guissous.
A pesar da xuventude de todos
eles, posuen unha grande experiencia na escena gospel, unha historia
que é tamén a súa herdanza. Tras coincidir
nalguns eventos musicais e gravacións, decidiron fundar Gospel
Soul, un grupo dotado dunha grande intensidade emocional e musical
coa que pretenden transmitir unha mensaxe reconfortante ao público.
Gospel é unha palabra que significa "evanxeo" e
que serve para denominar un tipo de música nacida no último
tercio do século XIX no seo da comunidade negra. Desde aquela,
poucos se teñen resistido ao engado deste ritmo cálido
e potente que nacido desde as igrexas espállase a todo tipo
de escenarios.
Os integrantes de Gospel
Soul recollen toda esa tradición coa convicción
persoal de que a escena actual precisa máis que nunca da
súa mensaxe de paz e esperanza. Cando o "espíritu"
se apodera das voces de Gospel Soul, o público entende
realmente cal é a forza desta música que pervive ao
paso do tempo.
As
voces de Gospel Soul:
Taïra Chanol:
Nacida na Guyana, chega a París en 1998 e intégrase
inmediatamente nun grupo de música urbana onde é a
vocalista principal. Grava un album de música tradicional
afro-caribeña e únese ao Coro Gospel de París.
Formaría parte posteriormente do grupo feminino Blackness
e ten posto a súa voz en diversas produccións de músicas
actuais.
Rachel Ratsizafy:
Os seu estilo vocal fluido ten tanto da música tradicional
Malgache como da música Soul. Entra no ano 1995 a formar
parte do grupo Black & White Gospel Singers e dela destácase
o seu timbre cálido e a súa brillante presencia no
escenario.
Enma Lamadji: Cantaba
por placer ate que a descubriron para formar parte do grupo Blanquees.
Posue unha magnífica voz de contralto que consegue emocionar
ao público acadando un abraiante ton ronco. Formouse na escola
do blues, soul e da world music.
Joël Rhino: O
líder de Gospel Soul acompañou, prácticamente
desde o berce, á súa nai aos ensaios da coral da igrexa.
Aos trece anos funda un cuarteto masculino con repertorio dos Golden
Gate Quartet. No ano 1991 entra a formar parte do grupo Black &
White Gospel Singers, cos que grava tres albumes. A súa mestría
fai del un director de coro moi solicitado (Gospel Giving Singers,
Les Parvis des Arts, Ville de Montpellier, etc). O seu predicamento
baséasese nunha voz cálida e potente que o convirte
nun solista de primeiro nivel.
|