|
A
maior feira de Músicas do Mundo celébrase do 27 ao
31 de outubro
Nordesía Produccións estará
presente no WOMEX, a maior feira mundial da chamada world music,
que este ano celebrase en Essen (Alemaña) do 27 ao 31 de
outubro. Esta cita para a industria musical, trinque de novas propostas
e foro para o intercambio de ideas, acolleu na anterior edición
celebrada en Sevilla a máis de dous mil delegados, 1.250
empresas de noventa paises, 250 xornalistas especializados, 300
stands e 35 espectáculos.
Nordesía Produccións acude
a WOMEX co convencimento da importancia que ten a presencia internacional
nunha empresa que cada vez traballa máis alá das fronteiras
galegas. Amosar cal ten sido a súa traxectoria e dar a coñecer
grupos e propostas artísticas son os obxectivos que se marca
Nordesía Produccións nesta cita, na que xa ten estado
presente en anteriores edicións. Este ano a proxección
internacional de Xosé Manuel Budiño co seu disco Zume
de Terra merece unha atención expecial despois de un
ano de exitosas presentacións ao vivo en Galiza e no resto
da península.
Zume de Terra é un novo concepto
no contexto da música en Galicia. Para este novo lanzamento,
Budiño contou con importantes colaboradores de diferentes
xeografías como son o músico bretón Jacky
Molard, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick,
o músico e productor Júlio Pereira, as voces
de Sara Tavares (Cabo Verde) e a brasileira Lilian Vieira
(Zuco 103). O artista asumiu íntegramente neste o traballo
de composición, arranxos musicais, producción e gravación.
WOMEX, World Music Expo, é
a feira anual máis importante a nivel internacional adicada
por completo ás músicas do mundo (world music), ás
músicas de raíz (roots), ao folk, á musica
étnica e á tradicional. Nordesía Produccións
leva xa varios anos asistindo a esta feira e, dende fai 4 anos,
dispón dun stand dende o que traballar promocionando os artistas
galegos.
Nestes anos de asistencia a WOMEX vimos constatando o gran interés
que suscita a música galega entre promotores e medios de
todo o mundo.
[+
info] web oficial WOMEX 2004
|